Perfil de voluntariado
Voluntariado Vigo
Nós soñamos coa unión, coa comunidade, con risas, coa integración, coa tranquilidade… Soñamos coa igualdade na diferenza. E coa sociedade como canle.
Voluntariado Inclusivo
Somos unha entidade de iniciativa social que leva dende 1997 realizando actividades de formación, dinamización comunitaria e integración do colectivo de saúde mental. As persoas son as que dan sentido a todos os proxectos. Actualmente levamos a cabo un programa que promove a integración socio-comunitaria de persoas con trastornos mentais, por medio da realización de actividades de animación sociocultural, apoio escolar, promoción social, educación para a saúde e para o medioambiente.
- Ter máis de 16 anos.
- Ganas de exercer o teu labor en beneficio da cidadanía.
- Ter ganas de vivir unha experiencia diferente.
- Ser unha persoa constante, con ilusión pola actividade a desenvolver.
- Saber e/ou estar disposta a traballar en equipo.
- Querer formarse sobre saúde mental.
- Coñecer os valores, principios e traballos que se realizan.
- Ser participativo/a tanto nas actividades como na vida asociativa.
- Ter dipoñibilidade horaria para poder levar a cabo a súa acción voluntaria.
- Traballo social con persoas con trastornos mentais e outros colectivos.
- Un carné acreditativo no que se indique o teu labor.
- Formación gratuíta e certificada en habilidades sociais, recursos, tempo libre… relacionada coas súa funcións.
- Prioridade e facilidades para matricularse nos cursos impartidos pola escola.
- Recoñecemento formal mediante a obtención dunha certificación.
- Curso gratuíto “Formación en voluntariado en saúde mental”.
- Contribuír á integración das persoas con discapacidade.
- Aportar habilidades e capacidades prelaborais para a vida autónoma.
- Realizar e organizar actividades (estimulación cognitiva, memoria, manualidades…)
- Acompañamentos nos Respiros Familiares.
- Traballar coas persoas participantes as habilidades sociais e autoestima.
- Apoio na actividade de natureza.
- Realizar as actividades de costura
- Apoio a actividade de radio.
- Acompañamento na actividade de informática.
- Acompañamento en Xantares: da horta a cociña.
- Ensinanza e práctica de deportes coas persoas participantes.
- Organización de festas ou videoforums.
- Concienciar sobre a Saúde Mental e o medioambiente.
- Campañas de sensibilización de información sobre a Saúde Mental.
E por suposto, propoñer novas actividades!
- Amplias as túas oportunidades laborais.
- Adquires novas experiencias.
- Obtés unha certificación de experiencias voluntarias.
- Gañas confianza en ti mesmo/a.
- Estableces relacións persoais enriquecedoras.
- Aumentas a confianza en ti mesmo e ás túas habilidades sociais.
- Aportas diversión e plenitude á túa vida.
- É unha actividade moi satisfatoria.
- Chamando aos números 986 127 949 ou 698 142 158 de martes a venres en horario de 10:00-14:00 ou de 16:00 a 17:30 horas.
- Cubrindo o formulario que aparece a continuación.
As nosas actividades están sempre abertas a túa participación. Estámoste agardando, a que esperas?
“O máis satisfactorio na vida é ser capaz de dar gran parte dun mesmo aos demais”
Pierre Teilhard de Chardin.