Proxecto de apoderamento feminino en saúde mental

As mulleres con problemas de saúde mental parten dunha situación de múltiple discriminación (o mero feito de ser muller, o rol social/cultural que se lles asigna; ter unha discapacidade e, a imaxe social estigmatizada da saúde mental), o que as fai especialmente vulnerables e aumenta o risco de rexeitamento, illamento e exclusión social. 

Traballar o apoderamento das mulleres (entendido este como a capacidade para incrementar a súa autoconfianza, poder e autoridade para decidir en todos os aspectos que afectan á súa vida), traballar na identificación e modificación dos roles masculinos que axudan a manter estas desigualdades en prol da adquisición de novas masculinidades, na sensibilización en igualdade da sociedade tendo tamén presente os diferentes factores influentes etc. convértese nunha necesidade urxente.  

Non serei libre mentres siga habendo mulleres sometidas, aínda que as miñas cadeas sexan moi diferentes das súas.

Audre Lorde

Voces Moradas nace para incorporar a perspectiva de xénero na intervención con saúde mental, apoderando e formando ás mulleres con trastornos mentais, creando lazos de unión e ferramentas para rachar estereotipos e combatir o autoestigma e o dobre estigma.  

Cómpre incorporar a perspectiva de xénero na intervención en saúde mental, traballando no apoderamento das mulleres e a deconstrución do xénero en espazos de traballo que fomenten a igualdade de oportunidades e o camiño para emprender accións concretas que promovan novos roles e identidades que contribúan a un desenvolvemento pleno das relacións igualitarias, equitativas e de bo trato.

Principais actividades:

GRUPO DE MULLERES

  • Apoderamento feminino
  • Rotura de estigmas
  • Autoconfianza
  • Toma de decisións.
  • Redificinións dos roles de xénero.

VOCES REFERENTES

Gravacións de podcasts con mulleres referentes da provincia de Pontevedra

FORMACIÓN MORADA

  • Recursos.
  • Interseccionalidade.
  • Corresponsabilidade.
  • Saúde das mulleres
  • Ferramentas para combatir as desigualdades de xénero

Queres formar parte? Contacta!

Este proxecto conta co apoio económico da Deputación de Pontevedra (Servizo de Igualdade), aportando o 76 % do seu orzamento total. O 24 % restante é aportado pola Asociación Xaruma.

Logo Deputación de Pontevedra