Proxecto de apoderamento feminino en saúde mental

Formación Morada, dentro do proxecto: Voces Moradas, xurde da necesidade de levar a cabo unha formación específica para mulleres con diagnóstico en saúde mental , onde se traballe a igualdade de xénero e outras ferramentas para combater as desigualdades de xénero que sofren as mulleres polo feito de selo.

As mulleres sofren múltiples discriminacións. Por unha banda, polo feito de ser mulleres, é dicir, polo rol social e cultural que se lles asina. Por outra banda, por ter unha discapacidade, e, por último, pola imaxe social estigmatizada que existe da saúde mental con respecto a outras discapacidades físicas ou intelectuais. Isto, xera unha situación de especial vulnerabilidade para elas, aumentando desta maneira o risco de exclusión social, posto que a saúde mental na sociedade supón abundantes prexuízos.

Polo que, resulta de gran relevancia realizar actividades de formación onde as mulleres con diagnóstico en saúde mental entendan a súa enfermidade (estigma e autoestigma) e as necesidades que teñen, aumenten a súa autoestima e apoderamento, reforcen as habilidades de regulación emocional e traballen sobre a expresión, a creatividade e o liderazgo, coñecendo formas novas de sandar e de autocoidados.

A metodoloxía da formación será participativa, vivencial, psicoeducativa, creativa e de apoio mutuo.

PROGRAMA E DATAS

Bloque I: Autocoñecemento e autoestima

Neste primeiro bloque temático, vanse traballar temas como o autocoñecemento e a autoestima das mulleres con diagnóstico en saúde mental. Isto farase a través de dinámicas e xogos. É importante que as mulleres con diagnóstico en saúde mental recuperen a súa identidade máis alá do seu diagnóstico, ademais, resulta esencial traballar e conseguir ferramentas para aumentar a autoestima, xa que de base, acostuma a ser habitual que, as persoas con enfermidade mental, conten cunha autoestima baixa polo estigma e o autoestigma.

  • 20/10/2025 e 23/10/2025
  • 27/10/2025 e 30/10/2025

Bloque II: Estigma, xénero e apoderamento

No segundo bloque do proxecto, vaise traballar sobre as enfermidades mentais e a estigma e autoestigma das mesmas. Resulta relevante para as mulleres con diagnóstico que coñezan a súa propia enfermidade e traballar sobre o impacto que ten nelas o que a sociedade cre. Ademais, tamén se traballará o apoderamento, a sororidade entre mulleres e outros mecanismos e ferramentas de liberación e de mellora da calidade de vida das mulleres con diagnóstico en saúde mental.

  • 03/11/2025 e 06/11/2025
  • 10/11/2025 e 13/11/2025

Bloque III: Expresión, creatividade e liderado

No terceiro bloque da formación, preténdense utilizar a expresión artística como ferramenta de autocoidados e sandar. Traballar estes aspectos é fundamental porque isto fortalece os seus procesos de recuperación, autonomía e participación activa na sociedade.

  • 17/11/2025 e 20/11/2025
  • 24/11/2025, 25/11/2025 e 27/11/2025

Bloque IV: Habilidades de regulación emocional

No cuarto, e último bloque de contidos, vanse reforzar as habilidades propias para a vida en sociedade. Un aspecto moi importante a traballar, é lograr que as persoas con diagnóstico en saúde mental teñan as ferramentas e as habilidades necesarias para resolver conflitos que poidan xurdir (tanto na familia, como nas amizades, como con compañeiros/as ou coa parella), afrontar o estrés e a ansiedade, os estilos de comunicación que existen, facendo fincapé na asertividade, etc. Ademais, neste último bloque tamén se traballará a comunicación mediante as novas tecnoloxías. É unha das formas principais de comunicación actual e resulta de interese facelo de maneira adecuada para evitar malentendidos e para crear e manter relacións saudables.

  • 01/12/2025 e 04/12/2025
  • 08/12/2025 e 11/12/2025
  • 15/12/2025 e 18/12/2025
  • 22/12/2025
  • 29/12/2025 e 31/12/2025

SAÍDAS

*Iranse decidindo segundo a oferta cultural da cidade o os intereses das persoas participantes.

TITORÍAS

Haberá 3 horas do proxecto destinadas a sesións de titorías individualizadas, divididas nos tres meses (outubro, novembro e decembro).

Os días de titorías serán o 31 de outubro, o 28 de novembro e o 26 de decembro de 2025.

*No caso de que as persoas participantes do proxecto necesiten máis sesións, concertaranse baixo demanda.

HORARIO, DURACIÓN E LUGAR

Do 20 de outubro ó 31 de decembro do 2025.

O curso ten un total de 72 horas de formación, distribuídas en:

23 sesións de 3 horas de duración os luns e xoves de 17:00 a 20:00h (un total de 69 horas).

Ademais, tamén haberá horas de titorías para as mulleres participantes do proxecto. Cun total de 3h dedicadas e este cometido, é dicir, unha titoría por mes (se existe a necesidade de máis horas de titoría, levaríanse a cabo).

As actividades do proxecto, serán no novo local da Asociación Xaruma: Conde de Torrecedeira, Nº66 (Vigo)

PREZO

Sen custe.

INSCRIPCIÓN E REQUISITOS

As prazas son limitadas por cuestión de aforo.

As persoas destinataria son mulleres con diagnóstico en saúde mental, polo que os requisitos de acceso serán:

  • Ter un trastorno mental diagnosticado.
  • Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
  • Ter máis de 18 anos.
  • Ter unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.

Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158, enviar un correo electrónico a igualdadexaruma@gmail.com ou no seguinte formulario: