Xoves, 23 de marzo de 2023 de 16:00 a 20:00h
LOCALIZACIÓN: Cidade da Cultura
Obxectivos
- Reflexionar sobre o estigma e a discriminación que sufriron as mulleres, en
especial as mulleres con TMS, ingresadas no Psiquiátrico de Conxo - Coñecer alternativas culturais e de lecer gratuito na cidade
- Visitar unha exposición de interese
- Compartir tempo de lecer con outras persoas
- Desfrutar dun momento agradable e distendido
Máis info sobre a exposición, aquí.
Desenvolvemento da actividade
Con motivo do Día Internacional da Muller, o Museo acolle unha exposición que ten como
protagonistas a mulleres que estiveron internadas no Psiquiátrico de Conxo, moitas delas,
a pesar de non ter ningún trastorno e ou doenza mental, mais que polos seus
comportamentos era consideradas “tolas”. A escolla de visitar esta exposición parte do
descoñecemento que moitas das persoas usuarias teñen sobre os acontecementos e
historias que forman parte do Hospital a pesar de ser un lugar ben coñecido para todas,
que forma parte do entorno habitual, facendo especial fincapé en dar visibilidade ao dobre
estigma asociado as mulleres con tms, con estereotipos aínda moi marcados no
imaxinario colectivo habitual.
Para acudir á Cidade da Cultura, farase o camiño a pé, pois non traxecto hai lugares
como o bosque de Galicia ou o lago, nos que, de permitilo o tempo, poderemos aproveitar
para estirar un chisco as pernas e charlar nun entorno natural sobre a exposición que
veremos. Unha vez no museo, durante a visita á exposición, iremos compartindo opinións
sobre as distintas pezas que o compoñen. Ao finalizar a visita, o grupo fará unha pequena
posta en común e intercambio de opinións sobre a exposición, poñendo énfase naquelas
cousas que descoñecían ou lles chamaron máis a atención (isto farase ou ben na cantina
ou ben no exterior da cidade da cultura, dependendo da situación meteorolóxica). Como
peche, compartiremos unha reflexión grupal sobre o papel do xénero no eido da saúde
mental.