Neste obradoiro traballaremos a comunicación, a educación en coidados e a resolución de conflictos coma ferramentas transformadoras na educación das crianzas. Aprender a dialogar e xenerar debate respetando os compañeiros e compañeiras é fundamental para os procesos de aprendizaxe colectivo e para a prevención contra a violencia en edades temperás.
1.Conceptos teóricos: Formación sobre “O ciclo da violencia” , “Tipos de violencia” ademáis da importancia da “Linguaxe positiva” e dos “Bos tratos” como ferramentas de resolución de conflictos e prevención nos malos tratos.
2. Conceptos prácticos: Dinamizaremos xogos de cooperación e “comunicación non violenta” para interiorizar o aprendido. Tamén crearemos os “Dereitos e Deberes” da nosa Radio asegurando un entorno seguro e respetuoso.
3. Entrevista radiofónica grupal onde escoitemos a opinión das nenas e nenos sobre o traballado na clase.
Grupos: Educación Primaria, E.S.O e Bacharelato
Número de participantes: Máximo 25
Duración: 50 minutos
Se queres máis información podes enviarnos unha mensaxe o correo electrónico de Radio Maruxa