Boas amiguiñas e amiguiños!

XARUMA TRAE CONSIGO UNHA NOVA!! Si, en letras maiúsculas e ben grande!

Co gran éxito que está a ter o Campionato de futbolín 2.0, estreamos a tempada dos “Venres Abertos”. Tardes que adicaremos a facer actividades abertas a todos os públicos e que teñan ganas de pasar unha xornada diferente; moitas risas, xente nova, entretemento, diversión,…

Dende xaneiro ata o mes de maio, os venres en horario de tarde (17:30h-19:00h) no noso local, faremos sesións de cine e distintos campionatos de futbolín e de dardos! 🎬⚽️🎯

Se vos presta pasar un venres diferente, a que esperades?

Podedes consultar en infoxaruma@gmail.com ou chamando ao 698 142 158.