Co proxecto “Transformando: Sentires do Voluntariado pretendemos:

Impulsar a participación e o dinamismo da sociedade a través do voluntariado.

Promover o voluntariado social nas persoas con trastornos mentais para fomentar a súa iniciativa e a súa autonomía persoal.

Promover o voluntariado ambiental dentro da sociedade para acadar melloras nos comportamentos das persoas no medio natural e co noso planeta.

Coa fin de dar a coñecer o voluntariado como elemento de cambio social e para a consecución, levaranse a cabo o fomento das seguintes contidos e actividades:

ACTIVIDADES VOLUNTARIADO/SESIÓNS VOLUNTARIADO

Actividades de Hortas Escolares. Desde a perspectiva da innovación educativa e da educación ambiental, a horta como recurso educativo supón un instrumento de primeira orde, debido a que permite poñer en práctica unha aprendizaxe activa, cooperativa e de voluntariado en contacto ca terra e os seus procesos.

Actividades de Bosques Teatralizados. A través de rutas sinxelas e accesibles, coñeceranse diversos espazos naturais aproveitando as artes escénicas, introducindo xogos e dinámicas e espertando nas participantes os sentidos e a curiosidade. A natureza será o escenario clave para o desenrolo das actuacións deste proxecto sendo, o teatro, a ferramenta fundamental coa que traballar a creatividade, a empatía, as emocións, as habilidades psicomotoras e o desenvolvemento persoal en xeral.

Actividades de “Cóntame unha cousa”. Debido á situación provocada pola crise da COVID-19, moitas das actividades e actuacións foron modificadas e adaptadas. Esta acción voluntaria foi creada para realizarse dende a distancia e empregando as novas tecnoloxías tan presentes no día a día. Trátase de “conectar” ás persoas voluntarias con outras persoas co fin de establecer conversas. Nos inicios, estarán dirixidas, propoñendo temas ou actividades concretas e, pouco a pouco, serán máis libres e espontáneas. Grazas a esta acción de voluntariado, favorécese o intercambio de sentires, afástase ao illamento, diminúen os niveis de estrés e técense lazos entre a comunidade.

VOLUNTARIADO NO CAMIÑO DE SANTIAGO

Este proxecto que se realizará o próximo ano 2021, coincide co Ano Xacobeo 2021. Queremos aproveitar esta ocasión, debido a boa experiencia de convivencia e superación obtida o ano pasado (2019), ano no que se realizou o Camiño de Santiago cun grupo de persoas voluntarias, orixinando un momento importante e intenso para cada unha delas. Parécenos de suma importancia darlle continuidade e proponxe de dúas maneiras, para que toda persoa que queira participar teña a súa oportunidade.

De fins de semana. Peregrinar polo Camiño de Santiago Portugués da Costa dende Baiona ata Santiago de Compostela (126 km.) en sete etapas que se realizarán durante os sábados.

PARTICIPACIÓN SOCIAL NAS ANDAINAS POLA CONTORNA Nestes tempos, os momentos de lecer ao aire libre, cobran aínda maior importancia. Propóñense andainas de participación social para coñecer, desfrutar, convivir, relaxarse e conectar co ambiente natural pola contorna da cidade de Vigo.

VOLUNTARIADO NA CONSERVACIÓN DE ESPAZOS NATURAIS Estas actividades pretendemos facelas con continuidade no tempo, para que acaben sendo un hábito do voluntariado e cause un impacto positivo no medio natural. Na conservación de espazos naturais, teremos dúas liñas a que dedicar: a. Limpeza de lixo de espazos naturais, como areais de praias, ríos e/ou sendeiros. b. Reforestación de frondosas, colaborando coas Comunidades de Montes do Concello de Vigo.

RADIO: “A VOZ DO VOLUNTARIADO” A radio é un método innovador de aprendizaxe, de comunicación e de participación, para dar voz ás persoas que teñan vontade de expresarse. Traballarase en formato “podcast” e empregarase como un espazo de reflexión e sensibilización para abordar diferentes temáticas adaptadas ao momento como a importancia do voluntariado, a implicación na cidadanía, a conciencia medioambiental, as boas prácticas en saúde mental, a integración social, entre outras. As participantes converteranse en suxeitos activos onde, ademais de crear contido a través das TIC (tecnoloxías da información e a comunicación), reforzarán coñecementos en diversas materias e fomentarán o seu pensamento crítico.

PARTICIPACIÓN SOCIAL E COLABORACIÓNS CON ENTIDADES E INSTITUCIÓNS

O traballo en rede é unha das prioridades deste proxecto. Traballar en rede enriquece tanto aos axentes que interveñen como á propia Escola. Realizaranse diversas actuacións de voluntariado con entidades e institucións dentro do ámbito territorial galego como por exemplo os servizos sociais do Concello de Vigo.

FOMENTO DE PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS DE TEMÁTICA SOCIAL E AMBIENTAL

Proporcionar un espazo e tempo para o diálogo e a reflexión, mediante a proxección de audiovisuais de temática tanto social como ambiental, intercambiar opinións entre o grupo e ir aprendendo do que vemos, do que oímos e do que sentimos.

OBRADOIROS EDUCATIVOS MEDIOAMBIENTAIS

Organizaremos unha serie de obradoiros educativos relacionados co medioambiente para dotar de ferramentas aos voluntarios e voluntarias, na súa labor de voluntariado.

  • Obradoiros educativos medioambientais de Destilación de Plantas: hidrolatos. Aproveitamento das plantas medicinais e aromáticas para extraer os hidrolatos.
  • Obradoiros educativos medioambientais de Botiquín Natural. Aprender a facer un botiquín con plantas medicinais.
  • Obradoiros educativos medioambientais de Elaboracións de Xabóns e Cosmética Natural. Saber elaborar os nosos propios xabóns con propiedades extraídas das plantas, dunha maneira moi sinxela e práctica.