A partir do 4 de marzo, todos os mércores de 17 a 18 estaremos no centro veciñal de Grixó (parroquia de San Pedro), realizando o taller de saúde e memoria, creando un espazo de encontro para reducir a soidade non desexada.

Traballaremos a estimulación cognitiva, as emocións, o autocoidado e os hábitos saudables, para mellorar a saúde mental e reducir a soidade non desexada. Destinado a persoas con diagnóstico en saúde mental e/ou persoas en situación de vulnerabilidade.

Coidar, acompañar e transformar

Espazo cedido polas veciñas e veciños de San Pedro, Grixó (Padrenda).

Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia mediante a liña de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades.