A partir do 18 de marzo, todos os mércores de 11 a 12 estaremos no local social de Cortegada realizando o taller de saúde e memoria, creando un espazo de encontro para reducir a soidade non desexada.
Traballaremos a estimulación cognitiva, as emocións, o autocoidado e os hábitos saudables, para mellorar a saúde mental e reducir a soidade non desexada. Destinado a persoas con diagnóstico en saúde mental e/ou persoas en situación de vulnerabilidade.
Coidar, acompañar e transformar
Espazo cedido polo concello de Cortegada.
Actividade subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia mediante a liña de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e do imposto de sociedades.


















