O traballo social é unha profesión que promove o cambio e o desenvolvemento social, a cohesión social e o fortalecemento e autonomía das persoas. Esta disciplina baséase nos principios de xustiza social, os dereitos humáns, a responsabilidade colectiva e o respecto á diversidade.
Colexio oficial de traballo social de galicia (cotsg).
En qué pode beneficiarme este servizo?
- Prevención de situacións de risco e/ou exclusión social.
- Información e asesoramento para a realización de trámites administrativos.
- Xestión de recursos e servizos de ámbito local, autonómico e estatal.
- Acompañamento na consecución de obxectivos vitais.
- Elaboración de informes e/ou diagnósticos sociais.
- Intervención familiar.
- Estudo e tratamento social dos casos individuais.
Cómo vai ser o proceso?
- Anímate a contactar con Xaruma e pregunta polo Servizo de Traballo Social. As dúbidas e medos son benvidos nesta viaxe.
- Estableceremos unha serie de entrevistas, onde conxuntamente analizaremos as necesidades e trazaremos un plan de actuación.
- En base aos obxectivos marcados, realizaremos a xestión máis axeitados para cada situación.
Para máis información escribe un correo a traballosocialxaruma@gmail.com