O vindeiro sábado 27 de xullo, pasaremos o día percorrendo o río Lagares dende a súa desembocadura na praia de Samil ata a Poza da Serpe e a Fervenza de Barreiro preto de Manuel Álvarez. Descubriremos xuntos estes e outros fermosos rincóns que se agochaban na maleza e que xa se poden ver no tramo novo de paseo aberto ó público.

Quedamos na entrada ás pistas de tenis de Samil as 11:00 h e regresamos as 17:30h a Avenida de Madrid onde podemos coller as líneas de bus:  L13, L12A Y L12B.

Vémonos