‘Sementando saúde’ nace da necesidade de abordar a saúde mental infanto xuvenil, elaborando un proxecto destinado única e exclusivamente á mocidade.
Consideramos de vital importancia a realización de actividades que favorezan a creación de lazos afectivos entre persoas de idades similares, fomentando o desenvolvemento persoal, ocio saudable e adestramento de habilidades encamiñadas a crear unha vida o máis autónoma posible.
Este proxecto, a través de accións continuadas no tempo, pretende asegurar a consecución dos obxectivos cuxa fin última é a cohesión grupal, a participación, a concienciación e a non perpetuación de estereotipos sociais de grupos e colectivos en risco de exclusión social.
OBXECTIVOS
- Coñecer xente nova e da túa mesma idade.
- Facer cousas por ti mesma.
- Alimentar a túa autoestima.
- Ter sempre un plan para facer!
PROGRAMACIÓN INICIAL
XANEIRO
venres 13 | Presentación e tertulia. |
venres 27 | Boleira. |
FEBREIRO
venres 10 | Musicoterapia. |
venres 24 | Iniciación ás tecnoloxías: uso do móbil |
MARZO
venres 10 | Visita a unha editorial. |
venres 24 | Actividade de fotografía creativa. |