Sementando Saúde: Programa integral de promoción da autonomía persoal e social para a mocidade con diagnóstico en saúde mental.
Asociación Xaruma lanza o programa Sementando Saúde. Este programa nace a partir da necesidade de accións integrais e personalizadas dirixidas a promoción da autonomía persoal e social da xuventude con algún tipo de trastorno mental. Polo tanto, para dar resposta, ofrece apoios, ferramentas e un adestramento para afrontar as actividades da vida diaria.
O obxectivo principal é fomentar a autonomía persoal e social das persoas destinatarias, así como mellorar a súa calidade de vida; mediante a participación en actividades individuais e de grupo en diversas áreas.
Quen son as persoas destinatarias de Semenentando Saúde?
- Persoas con idades compredidas entre os 18 ou os 30 anos.
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Contar con adherencia á medicación.
- Non ter consumo activo de substancias
Que traballamos en Semenentando Saúde?
Área de autocoidado e vida no fogar | Por un lado, en canto ao autocoidado, inclúe todas as habilidades relacionadas coa autonomía no aseo, a hixiene e o aspecto físico. E por outro lado, a autonomía na casa: preparación de comidas, mantemento de orde e limpeza, planificación das compras, coidado da roupa e xestión do diñeiro. |
Área de utilización da comunitaria | A constitúen as habilidades referendas ao bo uso dos recursos da comunidade, como transportes, establecementos, áreas recreativas ou servizos médicos. Comprende a localización de ditos recursos, o acceso a eles e a súa localización axeitada. |
Área de inclusión activa | Engloba servizo de información, orientación e asesoramento en temas de formación e emprego: coñecemento de recursos, talleres de BAE e formación en competencias dixitais. Ao mesmo tempo, abarca as habilidades relacionas co desempeño dun traballo e todo o que conleva: cumprimento de horarios, finalización de datas ou aceptación de críticas. |
Área de ocio e tempo libre | Refírese ao desenvolvemento de intereses variados de entretemento e ocio saudable no fogar e na comunidade, así como á elección e participación activa en xogos e situacións sociais de tempo libre. Esta área tamén inclúe a promoción de actividades culturais, artísticas, deportivas, medioambientais e de entretementos, que permita a interacción co entorno natural, social e cultural. |
Como traballamos en Sementando Saúde?
Traballamos o adestramento das habilidades, que cada persoa participante precise e segundo as áreas mencionadas, mediante:
- Atencións personalizadas.
- Actividades individuais e sesións de grupo.
- Orientación e apoio individualizado: sesións de asesoramento individualizado en aspectos básicos relacionados coas actividades da vida diaria.
- Grupos de formación: talleres con formato grupal no que se abordarán, desde unha metodoloxía teórico-práctica, diferentes aspectos básicos relacionados coas actividades da vida diaria.
- Técnicas de intervención en actividades da vida diaria como o modelado, role-playing e a xeneralización.
- Acompañamentos.
- Aproximación, coñecemento e aproveitamento dos recursos do entorno.
- Respiros familiares.
Cal é o horario de Sementando Saúde?
- Martes e venres de 16:30 a 19:30h.
- Atencións individualizadas de luns a venres pola mañá.
ANÍMATE A PARTICIPAR!
Máis información no teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a participacionxaruma@gmail.com.