SEMENTANDO HABILIDADES: Proxecto de formación en habilidades sociais, valores e competencias para persoas con diagnóstico en saúde mental.

A metodoloxía é flexible e participativa, adaptándose as necesidades das persoias participantes

PROGRAMA E DATAS

Bloque I: Habilidades sociais.

Este bloque será a introdución. Falaremos de autocoñecemento, autoestima, regulación emocional, escoita activa e comunicación. Realizarase dende un clima dinámico e favorecendo en todo momento a participación grupal.

Martes 14 de novembro

Xoves 16 de novembro

Venres 17 de novembro

Venres 1 de decembro

Bloque II: Xestión da vida diaria.

Neste punto, a importancia recaerá na autonomía cara a vida diaria. Abordaremos temas como o uso do transporte público, as pequenas xestións administrativas e económicas, xestión da compra, coñecemento e uso dos recursos da contorna…

Martes 21 de novembro

Xoves 23 de novembro

Martes 28 de novembro

Xoves 30 de novembro

Bloque III: Novas tecnoloxías.

Sendo conscientes da realidade que vivimos a nivel tecnolóxico, faremos conscientes ás persoas da importancia de facer unha xestión sa das novas tecnoloxías. Trataremos os perigos que implica facer un mal uso das tecnoloxías e dotaremos ás persoas participantes de habilidades para facer un correcto uso delas.

Martes 5 de decembro

Xoves 7 de decembro

Martes 12 de decembro

Xoves 14 de decembro

Bloque IV: Ocio saudable.

Dotaremos de recursos e alternativas para ter un ocio saudable e económico, aproveitando os recursos existentes.

Por último, na última semana, ofertaremos titorías individuais para unha maior atención centrada na persoa e as súas necesidades concretas.

Martes 19 de decembro

Xoves 21 de decembro

Martes 26 de decembro

Xoves 28 de decembro

Saídas

Sábados 18 de novembro, 2,16 e 30 de decembro

HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:

Martes e xoves de 16:30 a 19:30 h

Sábados de 17:00 a 20:00 h

Titorias luns, mércores e venres pola mañá.

Do 7 de novembro o 30 de decembro do 2023

Local Xaruma. Sanjurjo Badía Nº79 (Teis, Vigo)

As prazas son limitadas por cuestión de aforo.

As persoas destinataria son persoas con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:

  • Ter un trastorno mental diagnosticado.
  • Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
  • Ter máis de 18 anos.

As persoas terán unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.

Mais información en o teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a formacionxaruma@gmail.com.