Programa de incorporación social en saúde mental
Este proxecto nace coa finalidade de formar en habilidades sociais, participación comunitaria, competencias e valores para a inserción sociolaboral a persoas con trastornos mentais.
Datas: 01/11/2024 – 30/12/2024
Módulos
- Habilidades sociais. Este bloque será a introdución. Falaremos de autocoñecemento, autoestima, regulación emocional, escoita activa e comunicación. Realizarase dende un clima dinámico e favorecendo en todo momento a participación grupal.
- Xestión económica. Neste punto, a importancia recaerá na autonomía cara a vida diaria e, sobre todo, na xestión económica e como organizar un aspecto tan vital.
- Recurso da contorna. Non pode haber incorporación social se non coñecemos os recursos máis próximos. Neste senso, realizaremos un mapeo de recursos e realizaremos visitas aos escollidos polas participantes (por exemplo, acceso á bilbioteca).
- Nutrición: en colaboración co centro de saúde de Teis e de Melide, levaremos a cabo unha sesión dedicada á alimentación, pois consideramos que é un piar fundamental para a autonomía pero tamén para o coidado da saúde mental.
- Novas tecnoloxías. Sendo conscientes da realidade que vivimos a nivel tecnolóxico, faremos conscientes ás persoas da importancia de facer unha xestión sa das novas tecnoloxías. Trataremos os perigos que implica facer un mal uso das tecnoloxías e dotaremos ás persoas participantes de habilidades para facer un correcto uso delas por medio do noso programa de atención.
- Debate e reflexión: que pasa no mundo? Que nos din nas noticias? Que lemos nos periódicos? Trataremos temas de actualidade fomentando unha visión crítica e non sesgada da realidade, aportando formas de procura de información.
- Arte como expresión. Dotaremos de recursos e alternativas para ter un ocio saudable e económico vinculado á arte, dende varias das súas expresións. Desenvolver a creatividade será un dos principais obxectivos desta actividade.
- Titoría de inserción sociolaboral. Realizaranse reunións e acompañamentos individuais para facilitar a incorporación social e/ou laboral. Analizaremos cada caso e deseñaremos con cada persoa un plan de acción.
Actividade sen custe para a persoa participante.
- Este proxecto está financiado nun 42 % pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
- O 58 % restante é aportado pola entidade mediante fondos propios.
Inscrición no 698 142 158 ou no correo xarumaorg@gmail.com