Dentro da programación de actividades organizada polo alumnado do curso de monitor/a de actividades de tempo libre, vamos ir coñecer o noso entorno medioambiental. Concretamente, realizaremos a ruta do río Eifonso.

23 de novembro de 2019.

Saída: 10:00h Hospital Concheiro– Avda. Madrid 4–Parada Bus

Chegada: 19h   Hospital Concheiro– Parada Bus

Iremos a Bembrive,   na liña 14 do Bus Urbano.  O sendeiro será  de 8 Km (aprox) e coñeceremos  a súa  fermosa paisaxe a través do xogo e da boa compaña. 

Hai que levar:

  • Comida
  • Bebida
  • Roupa  de abrigo, calzado cómodo, chuvasqueiro se procede                                 
  • Bolsa plástica
  • Mochila

Inscríbete enviando un correo a escola@xaruma.org ou no teléfono 698 175 266.

Anímate a pasar unha xornada diferente!