Roteiros nace no ano 2019 para dar resposta ás necesidades formativas detectadas nas persoas que comparten os seus días connosco. Dentro destas demandas, vemos como existe especial interese polas novas tecnoloxías, polo acceso ao mundo laboral, pola mellora da xestión emocional e pola reflexión sobre temas de actualidade. Por iso nace Roteiros, para potenciar a autonomía e favorecer hábitos sociais e prelaborais para a incorporación social de persoas con trastornos mentais, levando a cabo unha formación motivadora, reflexiva e capacitadora.

É unha formación gratuíta con compromiso de permanencia dirixida a persoas do ámbito da saúde mental dividida en dous bloques.

“A educación é a arma máis poderosa que podes utilizar para cambiar o mundo”

Nelson Mandela