O 2020 ven cargadiño de novos retos, e nós, lanzamos unha formación que moitas persoas nos demandades! Consulta os nosos roteiros prelaborais!

Modificacións proxecto COVID-19

FORMACIÓN FINANCIADA POLA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL DA XUNTA DE GALICIA E O FONDO SOCIAL EUROPEO PO FSE 2014-2020.
  • Acción formativa 1. Introdución básica á agricultura ecolóxica (51h.T+20h.P)

Data: 20/01/2020 – 25/02/2020 (formación teórica);

26/02/2020 – 13/03/2020 (formación práctica, 20 H)

Horario previsto: luns, martes e mércores de 17 a 20h.

Contidos:

  • Diversidade e rotación de cultivos agrícolas
  • Manexo e fertilización do solo. Introdución á compostaxe.
  • Rega e operacións de cultivo. Invernadoiros.
  • Tipos de pragas e enfermidades: Métodos de prevención, tratamentos e aplicación de produtos.
  • Colleita e postcolleita. Almacenamento e conservación.
  • Módulo transversal
  • Prácticas.

Dossier explicativo

NOVAS DATAS. RETOMAMOS!

  • Acción formativa 2. Operacións básicas de xardinería (51hT+20h.P).

Data: 15/06/2020 – 22/07/2020 (formación teórica);

23/07/2020 – 07/08/2020 (formación práctica, 20 H)

Horario previsto: luns, martes e mércores de 17 a 20h.

Contidos:

  • Ferramenta e maquinaria no sector da xardinería
  • Operacións básicas de mantemento de xardín
  • Introdución á horticultura
  • Produción e mantemento de plantas en viveiros
  • Podas de árbores e arbustos
  • Pragas e enfermidades. Tratamentos e produtos ecolóxicos
  • Módulo transversal
  • Prácticas
  • Acción formativa 3. Operacións básicas de limpeza (30h.T+20h.P).

Data: 10/08/2020 – 24/08/2020 (formación teórica);

25/08/2020 – 09/09/2020 (formación práctica, 20 H)

Horario previsto: de luns a venres de 17 a 20h.

Contidos:

  • Materiais e utensilios de limpeza.
  • Elaboración de produtos de limpeza ecolóxicos.
  • Limpeza de interiores: coñecemento de diferentes superficies.
  • Hixiene e seguridade no traballo.
  • Módulo transversal
  • Prácticas

Cada acción formativa incluirá 9 horas de contidos transversais en materia de igualdade de xénero, habilidades sociais e orientación laboral distribuídas ao longo da traxectoria do curso.

Persoas beneficiarias:

  1. Persoas do ámbito da saúde mental.
  2. Persoas beneficiarias de RISGA con discapacidade maior do 33 %.

As persoas deberán cumprir estes requisitos.

a) Ter un nivel de discapacidade recoñecida, segundo o Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro, de procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a Orde do 25 de novembro de 2015, pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade en Galicia ou normativa equivalente, igual ou superior ao 33 %.
b) Estar empadroados na Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non ser perceptor dunha libranza vinculada á prestación de servizos para centro ocupacional ou titulares dunha praza no Sistema galego de servizos sociais.

Así mesmo, poderán participar aqueles alumnos que, cumprindo os anteriores requisitos, dispoñan dun emprego que poida estenderse por duración indefinida tras a formación proporcionada en virtude desta orde.

Requisitos segundo a ORDE do 3 de xuño de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións destinadas a confederacións, federacións e ás entidades de iniciativa social non asociadas nin federadas, sen ánimo de lucro, para o desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Dossier explicativo

Inscríbete chamando ao 986 127 949 e 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a xarumaorg@gmail.com

INSCRICIÓNS aTA O 28 DE XANEIRO