Volven os roteiros!

Inicia connosco esta camiñata na que adestraremos habilidades sociais, potenciaremos o noso pensamento construtivo e aprenderemos destrezas en xardinaría, agricultura e limpeza. As formacións son independentes entre si, podes anotarte a todas ou tan só as que esteas interesado/a:

BLOQUE 1

  • Facilitación sociolaboral e habilidades sociais.
  • Colectividade e traballo en equipo.
  • Consciencia e coeducación emocional.
  • Resolución de conflitos

BLOQUE 2

Que pasa no mundo? “Mergullamos na realidade e reducimos o impacto”

BLOQUE 3

  • Formación sociolaboral básica en xardinería, agricultura e limpeza.
  • Expresión creativa.
  • Búsqueda activa de emprego.
  • Titorías personalizadas e “Grupo motor de apoito mutuo”.

Dirixido a persoas do ámbito da saúde mental.

Formación gratuíta con compromiso de permanencia.

Comezamos o luns 1 de febreiro, pola tarde.

Inscríbete e pide máis información chamando ao 698 142 158 ou enviando un correo a xarumaorg@gmail.com.

Grupos reducidos e con todas as medidas de prevención COVID, utilizando o 30 % do aforo da aula.