O Proxecto Roteiros naceu no ano 2019 para dar resposta ás necesidades formativas detectadas nas persoas que nos acompañan día a día.

Levarase a cabo unha intervención a partir das demandas detectadas e solicitadas, que neste caso se centran na saúde e xestión emocional, manexo das novas tecnoloxías, o desenvolvemento do pensamento crítico do mundo que nos rodea, hábitos saudables, coñecemento de portais de emprego, e os pasos a seguir para a inserción laboral.

Con Roteiros, trátase de conseguir que as persoas participantes tomen conciencia das súas capacidades persoais e sociais, potenciando a autonomía e a incorporación sociolaboral en diferentes escenarios, levando a cabo unha formación motivadora, reflexiva e capacitadora.

É unha formación gratuíta con compromiso de permanencia dirixida a persoas do ámbito da saúde mental dividida en dous bloques, os cales son: