Roteiro Social 2023: A arte de coidar(te)
“Roteiros para a incorporación social” de persoas con trastorno mental.
A arte de coidar(te) ten como punto de partida os intereses e necesidades da persoa, coa finalidade de aportar un benestar social, físico e emocional. Levaranse a cabo actividades centradas en fomentar unha perspectiva reflexiva e capacitadora, ofrecendo espazos máis libres e de novas oportunidades, coa finalidade de potenciar a autonomía a través de hábitos saudables.
As persoas participantes, a través dunha aproximación educativa e social, adquirirán ferramentas e recursos para poder afrontar diferentes situacións próximas ó seu día a día, aplicando sempre a perspectiva de xénero e igualdade.
PROGRAMA E DATAS:
Bloque 1: A arte de relacionarte contigo.
Neste primeiro bloque de contidos levarase a cabo algunas actividades introductorias de presentación que van permitir coñecernos e crear vínculos coma grupo entre nós.
Unha vez finalizadas as sesións destinadas á presentación pasaremos a traballar os seguintes aspectos: habilidades sociais, técnicas de relaxación, autocoñecemento e autocoidado, autoestima e consciencia e xestión emocional, relacións saudables, entre outras.
- Luns 22 de maio
- Mércores 24 de maio
- Xoves 25 de maio
- Luns 29 de maio
- Mércores 30 de maio
- Xoves 1 de xuño
Bloque 2: Miradas ao coñecemento.
Buscarase pinceladas da realidade actual partindo de temas sociais prestando especial interés a las problemáticas presentes.
Procuramos con este bloque de contidos que as persoas participantes se vinculen máis ó seu mundo próximo e circundante, aportando un marco de cultura xeral a través de temas actuáis e problemáticas presentes na nosa sociedade. Algúns dos temas a tratar serán: dereitos civís, igualdade social, feminismo, diversidade sexual, redes sociais, cambio climático e medioambiente, libertade de expresión e pensamento crítico.
- Luns 5 de xuño
- Mércores 7 de xuño
- Xoves 8 de xuño
- Luns 12 de xuño
- Mércores 14 de xuño
- Xoves 15 de xuño
Bloque 3: Participación social e creatividade.
Neste último bloque faremos actividades orientadas ó vínculo coa sociedade dende un plano máis lúdico e artístico. Faranse dinámicas e actividades exteriores, así coma visitas guiadas a diferentes recursos de interese da nosa contorna.
- Luns 19 de xuño
- Mércores 21 de xuño
- Xoves 22 de xuño
- Luns 26 de xuño
- Mércores 28 de xuño
- Xoves 29 de xuño
CALENDARIO:
METODOLOXÍA:
Levarase a cabo unha metodoloxía teórico-práctica e próxima á vida das persoas a través de técnicas de carácter pedagóxico, como son: exposicións teóricas sobre diferentes temáticas relacionadas (autoestima, autocoñecemento, habilidades sociais, etc), xogos de roles, debates grupais… utilizando tanto medios audiovisuais (películas, cortos, anuncios, ilustracións…) coma contidos auditivos (cancións e poemas).
Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma.
PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:
As prazas son limitadas por cuestión de aforo.
As persoas destinataria son persoas con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
- Ter máis de 18 anos.
As persoas terán unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a roteirosxaruma@gmail.com.
HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:
Luns, mércores e xoves de 17:00 – 20:00h
Do 22 de maio ó 29 de xuño do 2023
Local Xaruma. Sanjurjo Badía Nº79 (Teis, Vigo)
PREZO:
Sen custe.