“Roteiros para a incorporación social” de persoas con trastorno mental.
A formación estará centrada na persoa dende unha perspectiva reflexiva e capacitadora para ofrecer un espazo máis libre, novas oportunidades e potenciar a autonomía favorecendo hábitos sociais onde reine a educación en valores, a creación do propio criterio, a procura de fontes de información.
As persoas participantes coñecerán, reflexionarán e analizarán unha aproximación educativa con perspectiva social, ecoloxista e de xénero que ofrece ferramentas para o autocoñecemento e o botrato a nivel persoal, relacional e social.
PROGRAMA E DATAS
Bloque 1: Xestión emocional
– Consciencia e Xestion emocional
– Técnicas de Relaxación
– Autocoñecemento e autocoidado
Martes 8 de novembro
Martes 15 de novembro
Martes 22 de novembro
Martes 29 de novembro
Bloque 2: Miradas ao coñecemento
Cultura xeral para a súa vida persoal, dende un enfoque con ollada local, internacionalista e diversa, profundizando na Igualdade social a través da Ioita polos e Dereitos Civís. A intención é estimular o compromiso social e colectivo do grupo coa comunidade local e co planeta e tomar un papel mais consciente na nosa sociedade.
Xoves 10 de novembro
Xoves 16 de novembro
Xoves 24 de novembro
Mércores 30 de novembro
Bloque 3: Participación social e creatividade
Aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas: collage, téxtil, movemento, escritura. Creación dun calendario coa actividade artística realizada. Faranse actividades con artistas convidados locais, sacando a arte á rúa. Visitas a centros de arte e a Escola de Artes e Oficios de Vigo.
Xoves 1 decembro
Mércores 7 de decembro
Sábado 10 de decembro
Mates 13 de decembro
Martes 20 de decembro
Martes 27 de decembro
Mércores 28 de decembro
METODOLOXÍA
Teórico-práctica e vivencial.
As técnicas pedagóxicas que se utilizarán son: Exposicións teóricas, exercicios prácticos didáctico-vivenciais con diversas técnicas, técnicas de relaxación, respiración, visualizacións dirixidas, xogos de roles, discusións en grupo pequeno e grupo grande.
Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma
PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:
As prazas son limitadas por cuestión de aforo.
As persoas destinataria son persoas con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
- Ter máis de 18 anos.
As persoas terán unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a formacionxaruma@gmail.com.
HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:
- Martes, mércores e xoves de 16:30- 19:30h
- Do 8 de novembro ao 28 de decembro
- Local Xaruma. Sanjurjo Badía ( Teis, Vigo)
PREZO
Sen custe