A arte de coidar(te) é un curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social” de persoas con trastorno mental.

A formación estará centrada na persoa dende unha perspectiva reflexiva e capacitadora para ofrecer un espazo máis libre, novas oportunidades e potenciar a autonomía favorecendo hábitos sociais onde reine a educación en valores, a creación do propio criterio, a procura de fontes de información.

OBXECTIVO

As persoas participantes coñecerán, reflexionarán e analizarán unha aproximación educativa con perspectiva social, ecoloxista e de xénero que ofrece ferramentas para o autocoñecemento e o botrato a nivel persoal, relacional e social.

PROGRAMA

Bloque 1. A arte de relacionarte contigo


Autoconocimiento e autopercepción con formación e apoio na xestión emocional, técnicas de relaxación e autocoñecemento.

Bloque 2. Miradas ao coñecemento


Un lugar onde falar e reflexionar do espazo do afora e do adentro mergullándonos no pasado e na actualidade dende unha ollada local, internacionalista e diversa. Profundizaremos na Igualdade social a través da Ioita polos e Dereitos Civís, para mellorar os coñecementos sobre cultura xeral para a vida persoal e tomar un papel máis consciente na nosa vida e sociedade.

Bloque 3. Bos tratos, bos ratos

Neste apartado falaremos da dimensión personal, relacional e social do bo trato e os proxectos de amor ou afectivos dende unha perspectiva de Saúde Mental, entre elas:

  • As dimensións do Maltrato e o Botrato como alternativa ao maltrato.
  • Abordaxe dos conflitos, diálogo e relacións de paz.


Bloque 4. Violencia nas redes sociais

Formación dixital para a prevención de conductas de risco no uso das redes sociais xerando un criterio propio coa procura de fontes de información fiables:

  • Fake News (Que son e como detectalas)
  • Prevención de Estafas
  • Adiccións: Drogas, tecnoloxía e a xogo
  • Ciberacoso e Cibersexo
  • Bitcoins


Bloque 5. Intelixencia colectiva

Obradoiro práctico de informática e creación colectiva dun Fanzine (revista feita e autoeditada por persoas participantes sobre temática común ou variada) a través do apoio e do material creado co aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas entre elas o Comic e a Escritura Creativa.

Bloque 6. Creatividade e desafogo

Un espazo de aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas coma canle de expresión personal e comunitaria para a creación de alternativas solidarias e autoxestionadas, para transformar e colectivizar sentires arraigados en nós.

  • Teatro
  • Arte téxtil
  • Danza e movemento
  • Fotografía
  • Pintura
  • Música e improvisación
  • Radio

Bloque 7.  Pegada a pegada

  • Reducir, Reutilizar e Reciclar
  • Conciencia ambiental
  • Recollida de Lixo e creación de esculturas (EXPOSICIÓN: Sensibilización sobre o consumo de plásticos)
  • Saídas e charlas


METODOLOGÍA

Teórico-práctica e vivencial.

As técnicas pedagóxicas que se utilizarán son: Exposicións teóricas, exercicios prácticos didáctico-vivenciais con diversas técnicas, de papel e lápiz, técnicas de relaxación, respiración, visualizacións dirixidas, xogos de roles, discusións en grupo pequeno e grupo grande.

Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma (80 horas) xunto con dúas saídas (10 horas).

O Traballo Final realizarase a partir das experiencias vividas e o aprendido, para compartilo co grupo ao final do curso.

PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:

As prazas son limitadas por cuestión de aforo e medidas de seguridade sanitaria por motivo da Covid-19.

Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico ao formacionxaruma@gmail.com.

CALENDARIO DE LOS TALLERES

  • Presentación: 20 de outubro
  • Bloque 1: 20,22,25 de outubro de 2021 +sábado 23 (Saída de 16:00h a 18:00h)
  • Bloque 2: 3,5 + sábado 6 (Concurso de 17:00h a 20:00 h de novembro de 2021)
  • Bloque 3: 10,12 de novembro de 2021
  • Bloque 4: 15,17,22 de novembro de 2021
  • Bloque 5: 26,29 de novembro de 2021; 1 de decembro 2021 + sábado 4 decembro (Obradoiro de Comic de 11:00h a 14:00h)
  • Bloque 6: 15,17,22 de decembro de 2021
  • Bloque 7: 24 decembro (Saída Consumo Responsable 17:00h) + 27,29 de decembro (Saída Arte-Lixo)

TEATRO COMUNITARIO: 11,18 de outubro; 15,29 de novembro; 13 de decembro (Actividade optativa os luns de maneira quincenal)

ARTE TÉXTIL: 29 de outubro; 8,24 de novembro; 3,10,20 de decembro

HORARIO DOS OBRADOIROS

  • Luns e Venres: 17:00h – 20:00h
  • Mércores 18:30h a 20:00h

PREZO

Sen custe

PROFESORADO

ALMA DALUZ FERNÁNDEZ. Educadora Social e Monitora de Tempo Libre con ampla experiencia no ámbito da Saúde Mental Comunitaria, Violencia de Xénero e Infancia e Xuventude en risco de exclusión social. No seu tempo libre é creadora e compositora de escrita creativa coma “Ánima”. Participa á súa vez en diversos proxectos de música, teatro da oprimida e teatro social, radio… orientada cara unha perspectiva transversal e inclusiva de xénero, política e social, comunitaria e horizontal para a transformación dos estereotipos e barreiras que firen e exclúen.

ALBA GÓMEZ. Psicóloga e Monitora de Tempo Libre especialista en autocoñecemento e procesos creativos. Habitada polo desexo da emancipación persoal e colectiva aposta pola xestión emocional e o botrato. Conta con ampla experiencia en Saúde Mental, Discapacidade e Xénero. Ademaís é artesá textil titulada pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, e conta cunha marca téxtil con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galcia.