“Roteiros prelaboráis” para persoas con trastorno mental.

Dentro do curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social e o fomento do emprego” encóntrase A arte de activar(te), destinado a persoas cun diagnóstico de trastorno mental.

No roteiro prelaboral, buscamos que as persoas participantes logren desenvolverse neste eido con autonomía ó longo de todo o proceso de inclusión laboral. Ofrecerase unha serie de recursos e ferramentas co obxectivo de adquirir coñecementos nesta área que lles permitan desenvolver as súas habilidades e destrezas cara novas oportunidades de emprego, prestando atención ás necesidades individuais e grupais.

PROGRAMA E DATAS:

Bloque 1: Xestión emocional.

No bloque de Xestión emocional centrarémonos nas habilidades sociais da propia persoa identificando as súas fortalezas e debilidades, potenciando aquelas actitudes e aptitudes que favorezan a súa inserción sociolaboral. Algúns contenidos a tratar serán: o traballo en equipo, os tipos de comunicación, autoestima, entre outros.

Buscarase transmitir ó longo de todo o roteiro a confianza e seguridade precisas para os posibles procesos de búsqueda de emprego.  

  • Martes 23 de maio
  • Mércores 24 de maio
  • Xoves 25 de maio
  • Venres 26 de maio
  • Martes 30 de maio
  • Mércores 31 de maio
  • Xoves 1 de xuño
  • Venres 2 de xuño

Bloque 2: Informática.

Aportar coñecementos sobre os diversos programas informáticos precisos para elaborar o Currículum Vitae e a Carta de presentación. De forma transversal, se traballarán outros contidos relacionados con manexo web, coma técnicas para a procura de emprego.

  • Martes 6 de xuño
  • Mércores 7 de xuño
  • Xoves 8 de xuño
  • Venres 9 de xuño
  • Martes 13 de xuño
  • Mércores 14 de xuño

Bloque 3: Procura activa de emprego.

Para a procura activa de emprego, coñeceremos os portais de emprego existentes e aprenderemos a facer unha entrevista de traballo. Ademáis, introducerémonos no mundo laboral a través de visitas a algúns centros de emprego, coñecendo diferentes vías de incorporación e os nosos dereitos como persoas traballadoras.

  • Xoves 15 de xuño
  • Venres 16 de xuño
  • Martes 20 de xuño
  • Mércores 21 de xuño
  • Xoves 22 de xuño
  • Venres 23 de xuño

Bloque 4: Formación específica.

Este ano, a formación específica estará orientada ó Mantenemento e limpeza.

  • Martes 27 de xuño
  • Mércores 28 de xuño
  • Xoves 29 de xuño
  • Venres 30 de xuño

Por último, na última semana, ofertaremos titorías individuais para unha maior atención centrada na persoa e nas súas necesidades concretas.

  • Martes 4
  • Mércores 5
  • Xoves 6
  • Venres 7

CALENDARIO:

METODOLOXÍA:

Levarase a cabo unha metodoloxía teórico-práctica e próxima á vida das persoas a través de técnicas de carácter pedagóxico, como son: exposicións teóricas para a realización de entrevistas, cartas de presentación e currículum vitae poñéndoas en práctica a través de simulacións e role-playing. Ademáis, coñeceremos algunhas realidades laborais da contorna así coma posibles espazos de voluntariado.

Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma.

PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:

As prazas son limitadas por cuestión de aforo.

As destinatarias son persoas con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:

  • Ter un trastorno mental diagnosticado.
  • Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
  • Ter máis de 18 anos.

As persoas terán unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.

Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a roteirosxaruma@gmail.com

HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:

Martes, mércores, xoves e venres de 11:00 – 13:30h

Do 23 de maio ó 7 de xullo do 2023

Local Xaruma. Sanjurjo Badía Nº79 (Teis, Vigo)

PREZO:

Sen custo.