A arte de activar(te) é un curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social e o fomento de emprego” de persoas con trastorno mental.
Aprenderemos a desenvolver un plan de acción laboral autónomo na búsqueda activa de emprego a través do acompañamento e facilitación guiada polo percorrido desta viaxe de 5 blocos formativos adaptados ás necesidades individuais e do grupo.
OBXECTIVO
Responder a e apoiar ás habilidades e necesidades para a inserción laboral, facilitando un espazo seguro de crear e construir novas portunidades e potenciar a autonomía persoal e comunitaria para a inclusión social.
PROGRAMA
Bloque 1. Unha viaxe pola xestión emocional
Abordaremos a xestión emocional traballando a motivación, frustración e resiliencia para unha resolución de conflitos saudable nos entornos laborais e dende o fogar.
Bloque 2. Informática
- Creación ou mellora do Currículum Vitae ou Carta de presentación
- Manexo Usuario do Paquete Office
- CANVA
- Creación ou mellora co Currículum Vitae e Carta de presentación
- Escritura creativa
- Apoio no uso adecuado do teléfono móvil
- Localización de información Web: Técnicas de búsqueda en internet.
- Prevención de estafas
Bloque 3. Miradas ao coñecemento
Un lugar onde falar e reflexionar do espazo do afora e do adentro mergullándonos no pasado e na actualidade dende unha ollada local, internacionalista e diversa. Profundizaremos na Igualdade social a través da Ioita polos e Dereitos Civís, para mellorar os coñecementos sobre cultura xeral para a vida persoal e tomar un papel máis consciente na nosa vida e sociedade.
Bloque 4. Mundo Laboral e a búsqueda activa de emprego
- Ciberbúsqueda: Portais de emprego, formacuón e becas
- Que facer nunha entrevista de traballo
- Titorías de acompañamento individual para a búsqueda activa de emprego
- Saídas , Charlas e Prácticas guiadas.
- O mundo laboral. Acceso e mantemento.
Bloque 5. Formación Laboral
Formación dixital para a prevención de conductas de risco no traballo e o apoio a mellora da capacitación persoal:
- Agricultura e xardinaría
- Limpeza e mantemento
- Costura
- Elaboración de xabóns e cosmética
METODOLOXÍA
Teórico-práctica e vivencial.
As técnicas pedagóxicas que se utilizarán son: Exposicións teóricas, exercicios prácticos didáctico-vivenciais con diversas técnicas, de papel e lápiz, técnicas de relaxación, respiración, visualizacións dirixidas, xogos de roles, discusións en grupo pequeno e grupo grande.
Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma (80 horas) xunto con dúas saídas (10 horas).
O Traballo Final realizarase a partir das experiencias vividas e o aprendido, para compartilo co grupo ao final do curso.
PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:
As prazas son limitadas por cuestión de aforo e medidas de seguridade sanitaria por motivo da Covid-19.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico ao formacionxaruma@gmail.com.
CALENDARIO DE LOS TALLERES
- Presentación: 18 de outubro
- Bloque 1: 19,20 de outubro
- Bloque 2: 25,26,27 de outubro; 2,3,8 de novembro
- Bloque 3: 9,10,15 de novembro
- Bloque 4: 16,17,22,23,24,29,30 de novembro; 1 de decembro
- Bloque 5: 13,14,15,20,21,22,27,28,29 de decembro
HORARIO DOS OBRADOIROS
- Luns, Martes, Mércores: 11:00 h – 13:30h
PREZO
Sen custe
PROFESORADO
ALMA DALUZ FERNÁNDEZ. Educadora Social e Monitora de Tempo Libre con ampla experiencia no ámbito da Saúde Mental Comunitaria, Violencia de Xénero e Infancia e Xuventude en risco de exclusión social. No seu tempo libre é creadora e compositora de escrita creativa coma “Ánima”. Participa á súa vez en diversos proxectos de música, teatro da oprimida e teatro social, radio… orientada cara unha perspectiva transversal e inclusiva de xénero, política e social, comunitaria e horizontal para a transformación dos estereotipos e barreiras que firen e exclúen.
ALBA GÓMEZ SANZ. Psicóloga e Monitora de Tempo Libre especialista en autocoñecemento e procesos creativos. Habitada polo desexo da emancipación persoal e colectiva aposta pola xestión emocional e o botrato. Conta con ampla experiencia en docencia de Saúde Mental, Discapacidade e Xénero. Ademaís é artesá textil titulada pola Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, e conta cunha marca téxtil con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galcia.