A arte de activar(te) é un curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social e o fomento de emprego” de persoas con trastorno mental.
Aprenderemos a desenvolver un plan de acción laboral autónomo na búsqueda activa de emprego a través do acompañamento e facilitación, adaptados ás necesidades individuais e do grupo.
OBXECTIVO
Responder a e apoiar ás habilidades e necesidades para a inserción laboral, facilitando un espazo seguro de crear e construir novas oportunidades e potenciar a autonomía persoal e comunitaria para a inclusión laboral e social.
PROGRAMA E DATAS
Bloque 1: Xestión emocional
Traballarase a autoestima, a asertividade e a resiliencia para empoderar ás persoas na procura de emprego. Tamén facilitarase o autocoñecemento mediante dinámicas grupais e individuais, que nos axudarán a coñecernos as nosas aptitudes e potencialidades.
Martes 8 de novembro
Martes 15 de novembro
Bloque 2: Informática
Manexo Usuario do Paquete Office.Creación ou mellora co Currículum Vitae e Carta de presentación. Localización de información Web: Técnicas de procura en internet.
Xoves 10 de novembro
Martes 22 de novembro
Martes 29 de novembro
Xoves 1 de decembro
Bloque 3: O mundo laboral e a procura activa de emprego
– Ciberbúsqueda: Portais de emprego, formación e becas
– Que facer nunha entrevista de traballo
– Titorías de acompañamento individual para a procura activa de emprego
– O mundo laboral. Dereitos laborais. Acceso e mantemento. Análise da contorna.
Xoves 17 de novembro
Xoves 24 novembro
Martes 13 de decembro
Xoves 15 de decembro
Bloque 4: Formación específica
– Agricultura e xardinaría
– Mantemento de xardíns
Martes 20 de decembro de 11 a 14 hs
Xoves 15 de decembro de 11 a 14 hs
Martes 27 de decembro de 11 a 14 hs
METODOLOXÍA
Teórico-práctica e vivencial.
As técnicas pedagóxicas que se utilizarán son: Exposicións teóricas, exercicios prácticos didáctico-vivenciais con diversas técnicas, técnicas de relaxación, respiración, visualizacións dirixidas, xogos de roles, discusións en grupo pequeno e grupo grande.
Os obradoiros realizaranse de forma PRESENCIAL no local de Xaruma
PREINSCRIPCIÓN. REQUISITOS:
As prazas son limitadas por cuestión de aforo.
As persoas destinataria son persoas con trastornos mentais, polo que os requisitos de acceso serán:
- Ter un trastorno mental diagnosticado.
- Ter un cadro clínico estable e adherencia ao tratamento.
- Ter máis de 18 anos.
As persoas terán unha entrevista inicial de valoración para ingresar no curso.
Para inscribirte debes chamar ao teléfono 698 142 158 ou enviando un correo electrónico a formacionxaruma@gmail.com.
HORARIO, DURACIÓN E LUGAR:
- Martes e xoves de11:00 h – 13:30h
- Do 8 de novembro ao 27 de decembro
- Local Xaruma. Sanjurjo Badía ( Teis, Vigo)
PREZO
Sen custe