Xoves, 27 de abril de 2023 de 15:00 a 19:00h

LOCALIZACIÓN: Diferentes zonas de Santiago de Compostela

Obxectivos

  • Visitar murais e outras pezas artísticas nun contexto urbano, ao aire libre.
  • Coñecer manifestacións artísticas diferentes e fóra dos museos/galerías… aos que
    tradicionalmente se asocia a arte.
  • Realizar actividade física a través da andaina.
  • Desfrutar dun momento agradable e distendido.

Descrición da actividade

No Concello de Santiago de Compostela existen numerosas mostras de arte urbano como
graffittis ou murais espallados ao longo da cidade. Moitos deles son froito de festivais
como o Festival de Muralismo e Intervencións Ubanas Compostela Contemporánea ou o
Delas Fest, un festival feminista de arte urbana e contextual e que inicia esta semana a
súa V edición. Falando con varias persoas usuarias sobre estes festivais e a arte urbana
que hai na cidade, varias manifestaron interese en visitar algúns dos murais que hai en
Santiago, pois algunhas persoas coñecían murais que teñen preto das súas casas (por
exemplo Soledad a Poppins de Sar, de Yoseba MP) pero non tiveran oportunidade de
achegarse a outros.
Para levar a cabo o roteiro empregarei diferentes recursos para trazar o itinerario que
seguiremos, como un mapa cun murais editado polo Concello de Santiago e que collemos
nunha visita á Zona C ou o mapa que ofrece a web de Compostela Contemporánea,
sendo as persoas participantes as que elixan algúns percorridos en base ás obras que
máis lles interesen. Durante o traxecto reflexionaremos sobre as diferentes visións que o
grupo poida ter sobre o denominado street art, ofrecendo explicacións sobre as diferentes
pezas e autores/as. No caderno colectivo que empregamos nas acividades,
recompilaremos aquelas obras/artistas que máis nos gustaron ou chamaron a atención.

Recursos e información