Participantes de Xaruma, temos o pracer de contarvos que organizamos un Respiro en Portela (Santiago) neste mes de setembro. Consideramos que é unha oportunidade única para compartir experiencias en boa compañía, desfrutar duns días de vacacións facendo diversas actividades e, sobre todo, para fomentar as nosas habilidades sociais de convivencia e de vida autónoma.

  • Días: 17 e 18 de setembro
    • Saída: 17 de setembro ás 11:00h no aparcadoiro de Xaruma*.
    • Chegada: 18 de setembro ás 19:00h no mesmo punto de encontro
  • Importe: 65€ (inclúe desprazamento, aloxamento, monitorado e xantares)

* Segundo o número de persoas apuntadas, é posible que algunhas persoas teñan que ir en transporte público. Nese caso, recollerase ás persoas en Santiago de Compostela para levalas á casiña en Portela.

Que preciso levar?

  • Roupa e calzado cómodo para os dous días
  • Útiles de aseo, toalla e chinelas
  • Medicación, pauta da mesma e botella de auga para encher
  • Gorra, protección solar, chuvasqueiro e paraugas por posibles cambios meteorolóxicos
  • Saco de durmir
  • Cartos por se tomamos algo

Este é un respiro en colaboración coa Asociación Itínera, polo que compartiremos espazo con outras persoas e aproveitaremos para coñecer xente nova. Coñeceremos a nova casa da Portela e estaremos en contacto coa natureza.

Anótate na corcheira!