“Respira Naturalmente”, unha actividade onde aprender autonomía e desfrutar dun ocio saudable na provincia de Pontevedra, ao mesmo tempo que supón un descanso nos coidados por parte da persoa coidadora, na meirande parte dos casos, a familia.
As persoas entrarán o venres ás 19.00h. (sairase un ratiño antes da actividade da tarde) e finalizará o domingo ás 16.00 h. (tentando que o grupo se organice para disfrutar a tarde xuntas/os. O cronograma base da fin de semana é:
HORA | VENRES | SÁBADO | DOMINGO |
---|---|---|---|
MAÑÁ | Actividade de vida autónoma | Actividade de vida autónoma | |
MEDIODÍA | Cociña e xantar | Cociña e xantar | |
TARDE | Recepción e orgzanización | Actividade de ocio saudable | Tempo libre autoxestionado |
CEA E NOITE | Cea e actividade de ocio | Cociña, cea e actividade de relaxación |
Anímate a participar nesta actividade onde coñeceremos novos lugares, aprenderemos novas habilidades e pasaremos unha fin de semana diferente en boa compaña.
O próximo “respiro” terá lugar do 22 ao 24 de setembro. Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña antes do 13 de setembro. O 14 de setembro confirmarase a praza.