Xa temos data para a edición de Respira Naturalmente outono deste ano!
Estes terán lugar ao longo dos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024:
“Respira Naturalmente” é unha actividade onde aprender autonomía e desfrutar dun ocio saudable na provincia de Pontevedra.
Ao mesmo tempo que supón un descanso nos coidados por parte da persoa coidadora, na meirande parte dos casos, a familia.
As persoas entrarán o venres ás 19.00h. e finalizará o domingo ás 16.00 h.
O cronograma base da fin de semana é:
HORA | VENRES | SÁBADO | DOMINGO |
---|---|---|---|
MAÑÁ | Actividade de vida autónoma | Actividade de vida autónoma | |
MEDIODÍA | Cociña e xantar | Cociña e xantar | |
TARDE | Recepción e orgzanización | Actividade de ocio saudable | Tempo libre autoxestionado |
CEA E NOITE | Cea e actividade de ocio | Cociña, cea e actividade de relaxación |
O último Respira Naturalmente do ano terá lugar do 29 de novembro ao 1 de decembro.
Será no piso de Xaruma e acollerá a 4 persoas participantes (tres no piso de abaixo e unha persoa no piso superior).
Convivencia, autonomía e aprendizaxe.
Inscribirse na oficiña ou a través do correo traballosocialxaruma@gmail.com antes do 25 de novembro. O 26 de novembro confirmarase a praza.
Anímate a participar nesta actividade onde coñeceremos novos lugares, aprenderemos novas habilidades e pasaremos unha fin de semana diferente en boa compaña.
Para máis información sobre os Respiros Familiares fai clic na ligazón.