Videoxogos

  • Actual Sunlight: Non recomendado para menores de 18. Trata temas como a depresión, o suicidio e adicción os videoxogos.
  • Depression Quest: O xogador ten que facer eleccións intentando conservar as súas relacións persoais, o seu traballo e a saúde mental. O obxectivo e educar sobre a depresión.
  • Please, Knock on my door: O creador narra neste título a súa propia experiencia coa depresión e a ansiedade social.
  • Persona 5: Unha das tramas da aventura trata sobre unha moza con baixa autoestima sumida nunha profunda depresión.
  • Puedes ser tú: Xogo gratuíto que pon a proba os prexuízos da poboación sobre os problemas de saúde mental.
  • Inner vision: Xogo moi curto creado para transmitir os pensamentos, reflexións e sentimentos  do autor mentres tivo depresión.
  • The Missing J.J. Macfield and the Island of Memories:  Mensaxes profundos sobre o auto-coidado, a aceptación e suicidio.
  • Life is strange: Trata numerosos problemas da adolescencia, acoso, drogas ou suicidio a través dunha aventura episódica baseada en eleccións.
  • Night in the woods: Unha muller volve ao seu pobo natal, un escenario pouco amigable para lidar coa súa baixa autoestima, a súa falta de sociabilidade e outras problemáticas. Aventura narrativa en clave de humor.
  • Hellblade: Senua´s Sacrifice: A protagonista desta aventura viaxa o inferno para vingar a morte do seu amado a vez que ten que facerlles fronte a psicose.
  • Celeste: O/As xogadore/as controlan unha moza que se atopa con personalidades moi diversas mentres ascende unha montaña. Argumento sobre a ansiedade e depresión, pero tamén a aceptación e o coidado dun mesmo.
  • Child of Light: Unha nena encóntrase con diferentes personaxes cunha personalidade e problema diferente, metáforas da vida real.
  • Elude: O/A xogador/a controla un neno que vai explorando distintos lugares conforme cambian os seus estados de ánimo. Obxectivo dar a coñecer como se sinte unha persoa con depresión clínica.
  • Spec Ops: The Line: Xogo bélico no que o protagonista evoluciona tras as súas accións deixándolles feridas físicas e mentais.
  • The town of light: Denuncia de como se trataban medicamente os problemas de saúde mental o comezo do século pasado.