Series

  • Homeland: Serie policíaca na que a protagonista ten un trastorno bipolar e ten que discernir o que é real do que non.
  • Euphoria: Pon sobre a mesa diversos temas en relación á saúde mental: ansiedade, drogo dependencia, relacións tóxicas, autoestima, etc.
  • Pure: A protagonista de 15 anos ten que convivir co TOC e con problemas de carácter sexual.
  • Spinning out: Unha patinadora sofre unha caída que lle trunca a carreira. Vese as consecuencias do trastorno bipolar na vida da madre e da filla.
  • Lady Dynamite: Comedia interpretada por unha muller con trastorno bipolar que se interpreta a si mesma e mostra tanto os momentos de estabilidade coma a estancia no psiquiátrico.
  • Doctor Portoundo: Serie de humor sobre a vida e consulta dun psicanalista na que se mostran problemas de saúde mental.
  • Normal people: Romance duns adolescentes irlandeses hasta a súa madurez e toca problemas como a saúde mental, as relacións tóxicas e as inseguridades.
  • After life: Un home que perdeu a súa esposa e considera quitarse a vida. Símbolo de loita pola saúde mental.
  • Atípico: Un mozo con autismo emprende a súa viaxe para encontrarse a si mesmo, coñecer o amor e a independencia.
  • La asistenta: Tras escapar dunha relación de maltrato unha madre loita para mellorar a súa vida e a da súa filla. Trata a importancia de pedir axuda.
  • Un día a la vez: Sitcom sobre o día a día dunha familia, na que se tratan temas como o TEPT, o alcoholismo, a ansiedade ou a depresión.
  • Cortar por la línea de puntos: Acompaña un home nunha crisis existencial, a importancia de estar presente e permitirse sentir e expresar sentimentos.