Libros

- Orejas de mariposas: Libro infantil que aborda o desenvolvemento emocional, a correcta autoestima e o saber facer fronte as críticas.
- A veces mamá tiene truenos en la cabeza: Libro infantil que fala da depresión.
- El malestar de conejo: Libro infantil que explica que é a depresión, como se sente e como saír dela.
- La preocupación de Lucía: Libro infantil que axuda os nenos a que entendan que é preocupación e lles anima a que as compartan con familia e profesores.

- Cómo volé sobre el nido del cuco: novela autobiográfica en forma de diario na que Ana, a escritora que ocúltase detrás do pseudónimo de Sydney Bristow, cóntanos como viviu os 37 días que estivo ingresada na planta 4 de psiquiatría despois de intentar suicidarse.
- Algo de mí desde la enfermedad mental: Recolle testemuñas de vida de persoas con problemas de saúde mental, familiares e profesionais do eido.
- El hombre que confundió a su mujer con un sombrero: Recolle historias de pacientes con problemas neuropsicolóxicos que permítennos acceder o universo destas persoas e comprender as adversidades coas que se atopan.
- La locura como super poder: Móstranos como enfrontarnos as nosas debilidades valéndonos das nosas fortalezas, como xestionar as emoción e os estigmas da loucura.
- ¿Quién dijo ansiedad?: Aborda o trastorno de ansiedade dende un punto de vista profesional, explicando que é, como se orixina, a relación entre ansiedade e traballo ou amor e como vivir con ela.

- Una mente con mucho cuerpo: entiende tus emociones y cuida de tu salud mental: Unha psiquiatra fálanos da importancia do noso corpo para comprender as nosas emocións e coidar o noso benestar emocional.
- Chácharas: Un psicólogo intenta acabar coas conversacións en bucle do noso cerebro, dende un análise intelixente de como suceden e como inflúen na nosa vida.
- ¿Porqué no soy feliz?: Unha psicóloga explica os motivos da insatisfacción cando aparentemente todo vai ben debido a escasa aceptación emocional.
- El peligro de estar cuerda: Explora a vinculación entre creatividade e “loucura” a través de experiencias e detalles sobre o funcionamento do cerebro humano.
- Viaje al manicomio: Conta a historia dunha activista feminista que loitou polas rendas da súa vida cun diagnóstico de trastorno maniaco-depresivo.

- Lo bueno de tener un mal día: É unha guía de supervivencia emocional que nos axudará a comprender e xestionar os nosos sentimentos e os malos momentos.
- Cartas de amor a los muertos: Historia dunha nena que empeza o proceso de duelo a raíz de escribir unha carta a un ser querido que falecera.
- El demonio de la depresión: Que é a depresión, como se trata, a eficacia das terapias e o impacto que ten na historia.
- Estigma: Recolle testemuñas de 50 persoas con problemas de saúde mental e como a sociedade o/as marcou debido a isto.
- Razones para seguir viviendo: Fala do medo, da incomprensión e da soidade que senten as persoas con problemas de saúde mental, así como que podes facer para mellorar a túa convivencia coa depresión e a ansiedade ou con alguén con estas problemáticas.

- Hacer frente a la ansiedad: Aporta solucións para mellorar a calidade de vida dunha persoa con ansiedade.
- Hacia el amanecer: Conta a historia dunha moza a que lle diagnosticaron trastorno bipolar e como isto cambiou a súa vida e a súa forma de relacionarse.
- La campana de cristal: Segue a vida da protagonista cara unha depresión, mentres ten que lidar con relacións difíciles e a sociedade non a toma en serio.
- El arte de curar un corazón: Conxunto de ferramentas emocionais para lidar cos momentos máis difíciles da vida.
- Estar bien aquí y ahora: Un psiquiatra danos claves para mellorar a nosa saúde mental.

- ¿Porqué nadie me lo dijo antes?: Baseándose nos seus anos de experiencia coma psicóloga clínica, a autora ensínanos o que necesitamos saber para sortear os altibaixos máis comúns da vida.
- Las palabras que nos guardamos: Fala da importancia de entender os nosos sentimentos e de pedir axuda, a través da historia dunha moza que ten un irmán que intentou suicidarse.
- Malestamos: Unha psiquiatra e un médico de familia abordan os falsos dilemas ante os que nos temos que enfrontar cando falamos do que nos pasa. Ca vista nas raíces do sufrimento psíquico e propoñendo solucións.
- Empieza a vivir: Ferramentas para mellorar a saúde mental e sentirse mellor cun ou cunha mesmo/a.

- La enfermedad invisible: superar la depresión: Recolle os últimos descubrimentos da ciencia para comprender e poder facer fronte a depresión, un dos males máis común e invisible.
- La niña amarilla. Relatos suicidas desde el amor: Cada capítulo é un relato en primeira persoa sobre o suicidio na adolescencia.
- Como hacer que las cosas buenas pasen: Unindo os puntos de vista científico, psicolóxico e humano, a autora ofrécenos una reflexión salpicada de consellos sobre a aplicación das nosas capacidades para mellorar a nosa calidade de vida.
- El cerebro de la gente feliz: Anécdotas persoais sobre a experiencia do autor convivindo coa ansiedade e como conseguiu facerlle fronte. Ademais unha doutora en neurociencia explica que sucedía cando o autor tiña unha crisis e trucos para facerlles fronte.