Curtametraxes
- Yo tenía un perro negro: Co obxectivo de axudar a comprender o que verdadeiramente supón a depresión para as persoas que a padecen.
- Los diarios de Lipsett: Desenvolvido a modo de diario íntimo ilustra a caída dun artista na depresión que rematou no suicidio.
- Conciencia robada: Unha persoa con esquizofrenia asiste a un grupo de terapia multifamiliar e dará a súa testemuña.
- Ser sin ti: Unha muller falalle a unha gravadora mentres supera unha perda da que non está recuperada.
- Abriendo puertas: Mostra a vida dunha muller diagnosticada de esquizofrenia que intenta recuperarse e retomar a súa vida.
- Votamos: Baseado nunha historia real, representa os prexuízos da sociedade en torno os problemas de saúde mental a través dunha disputa entre veciño/as.
- Sin diferencias: Curtametraxe documental sobre a integración laboral das persoas con enfermidade mental.
- Cuerdas: Respecto, inclusión e sensibilidade o diferente dende a infancia.
- Float: Este corto fai referencia a capacidade de voar, coma situación que fai diferente a unha persoa (TEA, TDAH, …) e a importancia de que o resto desenvolvamos empatía.
- Purl: Unha pelota de la chega o seu posto de traballo e ve que todo o resto son diferentes. Fala da empatía, da discriminación e da brecha de xénero.
- El circo de las mariposas: Dende a historia dunha persoa sen extremidades, fala da importancia de aceptarse a un/ha mesmo/a e das crenzas limitantes.