Cando falamos de Medio Ambiente pensamos na Natureza e nos diversos ecosistemas que a compoñen, porén, quedarían fóra as interrelacións que teñen lugar entre estos ecosistemas e os seres vivos que os habitan: as culturas, as sociedades e os sistemas económicos. En realidade o Medio Ambiente é todo o que nos rodea, tanxible e intanxible que afecta ao ser humano.

Segundo a Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente en Estocolmo (1972): “Medio ambiente é o conxunto de componentes físicos, químicos, biolóxicos e sociais capaces de
causar efectos directos ou indirectos, nun prazo curto ou longo, sobre os seres vivos e as
actividades humanas”
.

Como recursos medioambientais entendemos todos os seres vivos e inertes que nos rodean e que poden beneficiar á humanidade.

Desta ampla definición, no tocante aos beneficios centrarémonos naqueles recursos que proporcionan certo benestar para a saúde mental das persoas.

En base a esta definición, a OMS clasifica a saúde mental como un dereito humano básico, que debe ser encarado como unha prioridade para as comunidades.

Ainda que os factores psicolóxicos e biolóxicos individuais teñen un papel determinante nos trastornos mentais, os factores sociais, económico e ambiental son determinantes en saúde mental. E esta perspectiva multicausal responde ao termo de saúde ambiental.

A saúde ambiental defínese como “aquela disciplina que comprende os aspectos da saúde humana que son determinados polos factores ambientais físicos, químicos e biolóxicos externos ás persoas”; segundo a definición canónica que se prefire da OMS, que non considera os problemas derivados do que poderíamos chamar “contaminación social” en toda a súa complexidade.

O impacto do ambiente na saúde mental

Faise evidente que canto maior sexa a calidade do tempo pasado nestes espazos, maior será o beneficio adquirido. A conectividade e o sentido de pertenza co entorno que nos rodea xogan un papel fundamental no noso benestar, mas non só.

A propia calidade dos espazos habitados e as alteracións climáticas ou de polución dos ecosistemas que os conforman, van a repercutir na nosa saúde (mental). Cómo? Afectando positiva ou negativamente nos nivéis de estrés na poboación, entre outros:

  • Depresión e demencia, asociadas á exposición a nivéis elevados de polución atmosférica1.
  • Alteracións do sono, disfunción cognitiva e exacerbación dos problemas psiquiátricos, causados pola polución sonora.
  • Trastorno por estrés post-traumático, debido a deslocamentos involuntários de población provocadas por inundacións, terremotos, tsunamis, etc.); e Eco-ansiedade (incerteza sobre o futuro), problemas causados a nivel global polo cambio climático.

En resumo, para garantir a protección da saúde mental, poderán levarse a cabo algunhas accións empregando os recursos medioambientais:

  • Garantir a existencia de espazos verdes accesibles nos centros urbanos, como parques e xardíns.
  • Emprender políticas ambientais que mitiguen a polución, atmosférica e sonora en tódalas formas.
  • Incentivar a práctica da actividade física e de programas sociais ou de lecer.
  • Educar para a soberania e a sustentabilidade ambiental e alimentaria
  • Establecer programas de educación ambiental e nutricional para a cidadanía.

Contaminantes ambientais e saúde mental

Os factores de risco na etiopatogenia e a evolución dos trastornos mentais, ben merecen ser desenvolvidas e investigadas, de maneira que a saúde ambiental teña unha forte perspectiva en relación tanto coa morbimortalidade dos trastornos mentais, como na detección destes factores de risco. En definitiva, abordar este binomio de saúde mental e saúde ambiental desde una perspectiva de saúde pública.

Estudios de cohorte revelan que os contaminates ambientais resultan tóxicos para o sistema nervioso central.

O cerebro humano é excepcionalmente sensible á exposición de substancias químicas. Unha exhaustiva revisión bibliográfica2 identificou as 5 substancias químicas que poden ser clasificadas como neurotóxicas para o desenvolvemento cognitivo:

_plomo (Pb), metilmercurio, arsénico, PCB (policlorobifenilos) e tolueno.

_201 substancias capaces de provocar danos ó sistema nervioso e outras 1000 probadas en laboratorio con animais.

A conclusión é que están aumentando as probas que relacionan os contaminantes ambientais coa demencia e o Alzheimer.

Non esquezamos que os contaminantes químicos ambientais non están tan só no ar, senón tamén na auga e no solo, e polo tanto, nos xardíns onde pasamos noso tempo de lacer; e nos alimentos que inxerimos. E aquí xoga un papel fundamental a seguridade alimentaria e a educación nutricional para a cidadanía.

A Soberanía e a Sustentabilidade ambiental para a saúde mental

A Soberanía Alimentaria (SA) é “o dereito dos pobos e nacións a decidir qué producir, distribuir e consumir, xenerando autonomía, autodeterminación e diversidade con respecto ao territorio, para un abastecimiento local, fomentando políticas adecuadas para o benestar común e a vida digna”.3

“A soberanía alimentaria conserva os saberes e prácticas tradicionais para unha alimentación propia, debilitada polos sistemas agroindustriais. É asumida como unha iniciativa local integrada nun proxecto global para a saúde colectiva dos pobos”. 4

Entendendo como prácticas tradicionais aquelas que non realizan a aplicación masiva de biocidas nos cultivos nen prácticas de producción masiva. Sendo ésta unha agricultura de subsistencia e familiar, con venta ou intercambio de excedentes, e que emprega menor carga de fitosanitarios.

Estes sistemas de produción son menos contaminantes para o medio ambiente, e polo tanto máis saudábles. Por outra banda, a sensación de empoderamento derivada da autonomía e a autosuficiencia, a nivel económico e comunitario, contribúen ao benestar mental, completando así os tres eixos no que coinciden e conforman tanto o medioambiente como a boa saúde mental (natureza/factores biolóxicos, sociedade e economía).

Nas nosas mans está construir un medio ambiente saudáble que contribúa a mellorar a vida das persoas en tódolos seus aspectos, como recolle o Programa das Nacions Unidas para o Medio Ambiente5.

O papel da educación ambiental e os seus recursos

Para lograr estos obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) temos unha ferramenta imprescindible, a Educación Ambiental (EA).

A EA é unha estratexia de acción que xurde cando a degradación do medio comeza a ser entendida coma un problema social. É por tanto, un proceso permanente de adquisición de conciencia, valores e destrezas que capacita individual ou colectivamente na resolución de conflictos ambientais.

Como recursos de educación ambiental encontramos toda clase de materiais e soportes, plans, programas e estratexias de aprendizaxe que abordan as diferentes temáticas. Podedes atopar algúns recursos de educación ambiental no seguinte enlace:

https://www.miteco.gob.es/es/ceneam/recursos/materiales.html

Tamén podes consultar o Proxecto Naturalmente, un exemplo onde os participantes experimentan tódolos beneficios comentados neste artigo.

  1. O chumbo, un metal pesado, é tóxico para o sistema nervioso central, segundo o recente Global Chemicals Outlook. Mesmo nivéis moi baixos de concentración no sangue poden estar asociados á disminución da intelixencia, dificultades comportamentais e problemas de aprendizaxe en crianzas. ↩︎
  2. Grandjean e Landrigan. Ano 2006 ↩︎
  3. Doctorado en Ciencias de la Salud, Universidad Surcolombiana, Neiva, Huila, Colombia ↩︎
  4. “Soberanía alimentaria y salud: perspectivas de tres pueblos indígenas de Colombia”. Juan Camilo Calderón Farfán1,2 , Diego Fernando Rosero Medina2 e Dolly Arias Torres1 ↩︎
  5. Un medio ambiente saudáble é clave para o cumprimento de moitos dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Temos pouco máis de dez anos para acelerar o ritmo de traballo e transformar verdadeiramente as nosas sociedades e economías coas mellores solucións á contaminación, o cambio climático e a pérda de biodiversidade ↩︎