O taller de recoñecemento de emocións é un espazo participativo no que aprenderemos a poñer nome ao que sentimos. Moitas veces, experimentamos emocións intensas pero non sempre sabemos identificalas ou entender porque aparecen. Neste obradoiro, exploraremos que son as emocións, para que serven e como recoñecelas no noso día a día.
A través de dinámicas prácticas, reflexións e ferramentas sinxelas, traballaremos a identificación das emocións propias e alleas, favorecendo unha maior conciencia emocional. O obxectivo é aprender a escoitarnos mellor, comprender o que sentimos e mellorar a forma na que nos relacionamos coas demais persoas.
Unha oportunidade para coñecerse mellor, compartir experiencias e desenvolver habilidades que nos axuden a xestionar o mundo emocional con máis claridade e confianza. Anímate a participar!
- Lugar: CSC José Saramago – Vite (Carlos Maside, 7 – VITE, SANTIAGO DE COMPOSTELA)
- Líneas de autobús: C2, C4 y 5
- Data: martes 24 de marzo
- Horario: de 17:00h ás 18:30h
- Público destinatario: aberto a toda persoa que poida estar interesada nesta formación
- Coste: de balde
Para facer a inscripción a esta formación cubre o siguiente formulario:


















