Podes consultar aquí os proxectos que levamos a cabo en anos pasados. Procuramos establecer proxectos estables e de continuidade, mais, polo mesmo feito de traballar con persoas, asumimos a flexibilidade e o cambio como algo positivo. É por iso que os proxectos tamén evolucionan e van cambiando ao longo do tempo.

PROXECTOS DE ANOS ANTERIORES

O proxecto NaturalMENTE ten unha doble misión:

Por un lado, pretende atender as demandas de usuarios e usuarias, promovendo a integración e o desenvolvemento integral das persoas con trastornos mentais na sociedade, aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida máis autónoma de cara a súa vida en comunidade, tanto para as persoas que directamente teñen enfermidade mental, como para as súa familia máis cercana, que na maioría dos casos exercen de familia coidadora. Ademais, tamén contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como o mantemento e posta en marcha dunha horta e dun viveiro.

Por outro lado, tamén pretende mellorar a empregabilidade e a inserción profesional de persoas non ocupadas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Este obxectivo conséguese mediante a colaboración coa Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia cofinanciada polo Fondo Social Europeo a través dos programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, no ámbito do programa operativo de emprego xuvenil na Comunidade autónoma de Galicia. Espérase mellorar as competencias profesionais de persoas xoves e/ou que acceden ao seu primeiro emprego, aportar experiencia laboral para a permanencia no mercado de traballo e crear profesionais sociais.

O obxetivo xeral do proxecto é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais de interese social, promovendo ao mesmo tempo a participación cidadá  e unha formación medioambiental e social que sensibilice para o encontro social e a promoción da saúde.

Os resultados esperados son os seguintes:

1. As persoas con enfermidade mental ven aumentadas as súas habilidades e capacidades para levar unha vida autónoma.

2. A cidadanía entende a importancia do medioambiente na mellor saúde mental da sociedade.

3. As persoas con enfermidade mental son capaces de levar a cabo unha horta ecolóxica.

4. As persoas con enfermidade mental aumentan as súas habilidades sociais  e o seu ocio de cara á vida en sociedade.

5. Cativos e cativas entenden a importancia do coidado medioambiental.

6. A sociedade participa nas actividades formativas e de animación propostas.

O proxecto Mentalízate pretende facilitar o acceso ao mercado laboral ás persoas empadroadas no Concello de Vigo con coñecementos en saúde mental e animación sociocultural para aportarlle continuidade ás nosas actividades, destinadas á integración e rehabilitación psicosocial das persoas con trastornos mentais a través da participación, da animación sociocultural, da educación e da formación, promovendo un punto de encontro para o voluntariado, para que este poida exercer a súa labor.

O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da asociación e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá.

OUTROS PROXECTOS


FIARES. PROXECTO DE INTERVENCIÓN FAMILIAR NO EIDO DA SAÚDE MENTAL

Proxecto FIARES

A raíz da pandemia estendida neste 2020, tanto a saúde física como a saúde mental, cobraron especial relevancia e víronse notoriamente afectadas. Por este motivo, xorde FIARES, un proxecto pensado na intervención familiar no eido da saúde mental. Creado con moita ilusión e cariño por parte das traballadoras de Xaruma e posible grazas ao cofinanciamento da Consellería de Sanidade, Xunta de Galicia, pretende ofrecer apoio emocional ás persoas con trastorno mental pero tamén ás familias, incidindo na xestión emocional e no seu autocoidado e dotando de ferramentas necesarias para un maior benestar tras o impacto da COVID-19. Nesta ocasión, as persoas coidadoras son as protagonistas. De tal xeito, creáronse diversos espazos para traballar estes aspectos:

  • Espazo Nós Mesmas: dedicado á reflexión e á atención integral como persoas pero, principalmente, como mulleres. A idea de este espazo é crear un clima de confianza onde todas as participantes teñan cabida e voz para expresar os seus sentires e onde desenvolvan a súa construción como persoa e esencialmente como muller, difuminando a visión única de “coidadora de” ou de “familiar de”. Trátase de facer exercicios persoais para o autocoñecemento e os autocoidados, incrementando deste xeito a autoestima e o autoconcepto.
  • Espazo Adestra a túa Mente: baixo diversas dinámicas, actividades ou xogos, pretendemos realizar un adestramento cerebral e estimular o funcionamento cognitivo das participantes. Mellórase desta maneira o rendemento e a eficacia no funcionamento das capacidades cognitivas e, por conseguinte, reforzase a autonomía na realización das rutinas cotiás.
  • Espazo Novas Tecnoloxías: espazo creado para traballar e potenciar as destrezas e habilidades relacionadas coas novas tecnoloxías. O coñecemento de diferentes ferramentas e recursos das Tecnoloxías da Información e da Comunicación é esencial para os tempos que corren e para a situación actual na que vivimos. Abordaranse diferentes aplicacións de mensaxaría instantánea e de chat de vídeo e faranse formacións tecnolóxicas enfocadas a soster este eventual illamento, centradas principalmente na comunicación e no entretemento.
  • Atencións individualizadas e acompañamentos: a través de reunións individuais, servizo de paseos de acompañamentos e seguimento telefónico, darase unha atención máis individualizada e próxima.
  • Teleasistencia. Traballando dende a casa: elaboración de materiais variados pensados en traballar a atención, a memoria, a percepción, a linguaxe, as funcións executivas ou funcións visoespaciais, entre outras. Actividades pensadas para facer unha por día, creando rutina de traballo cognitivo. Tamén se recibirán teleactividades virtuais fomentando a aprendizaxe tecnolóxica.

ROTEIROS PRELABORAIS 2021. FORMACIÓN PARA A INCORPORACIÓN SOCIAL E FOMENTO DO EMPREGO

Tecendo Redes

(Febreiro-Maio 2021)

A arte de activar(te)

(Outubro-Decembro 2021)

A arte de coidar(te)

(Outubro-Decembro 2021)

1. TECENDO REDES

O obxectivo princiapl é potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborais para a incorporación social de persoas con trastornos mentais, reducindo o impacto da COVID na saúde mental. Para elo, levamos a cabo diferentes grupos de actividades:

Obradoiro en habilidades sociais

Adquisición das habilidades sociais necesarias para a incorporación social e a vida en comunidade. Realizaranse tendo en conta as vivencias persoais de cada persoa, entendendo en todo momento que to.

Formación transversal en igualdade

Necesidade de romper cos mitos que envolven o patriarcado e vivir en harmonía. Non hai incorporación social real se non se trata con perspectiva de xénero.

Que pasa no mundo?

Resaltar a misión de eliminar esa incertidume que provoca a situación mundial actual. Para elo, esta actividade pretende enfocar a situación actual e o resto de cousas que acontecen, ensinando a realizar unha búsqueda libre da información e aprender os diferentes lugares onde se poden informar sobre diferentes temas. Queremos que a incorporación social sexa libre e non manipulada.

Obradoiro para o emprego

Para aquelas persoas que queiran reinsertarse no mundo laboral, realizaremos formacións específicas en limpeza, agricultura e xardinaría.

2. A ARTE DE ACTIVAR(TE)

A arte de activar(te) é un curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social e o fomento de emprego” de persoas con trastorno mental.

Aprendemos a desenvolver un plan de acción laboral autónomo na búsqueda activa de emprego a través do acompañamento e facilitación guiada polo percorrido desta viaxe de 5 blocos formativos adaptados ás necesidades individuais e do grupo:

Unha viaxe pola xestión emocional

Abordaremos a xestión emocional traballando a motivación, frustración e resiliencia para unha resolución de conflitos saudable nos entornos laborais e dende o fogar.

Informática

  • Creación ou mellora do Currículum Vitae ou Carta de presentación
  • Manexo Usuario do Paquete Office
  • CANVA
  • Creación ou mellora co Currículum Vitae e Carta de presentación
  • Escritura creativa
  • Apoio no uso adecuado do teléfono móvil
  • Localización de información Web: Técnicas de búsqueda en internet.
  • Prevención de estafas

Miradas ao coñecemento

Un lugar onde falar e reflexionar do espazo do afora e do adentro mergullándonos no pasado e na actualidade dende unha ollada local, internacionalista e diversa. Profundizaremos na Igualdade social a través da Ioita polos e Dereitos Civís, para mellorar os coñecementos sobre cultura xeral para a vida persoal e tomar un papel máis consciente na nosa vida e sociedade.

Mundo Laboral e a búsqueda activa de emprego

  • Ciberbúsqueda: Portais de emprego, formacuón e becas
  • Que facer nunha entrevista de traballo
  • Titorías de acompañamento individual para a búsqueda activa de emprego
  • Saídas , Charlas e Prácticas guiadas.
  • O mundo laboral. Acceso e mantemento.


Formación Laboral

Formación dixital para a prevención de conductas de risco no traballo e o apoio a mellora da capacitación persoal:

  • Agricultura e xardinaría
  • Limpeza e mantemento
  • Costura
  • Elaboración de xabóns e cosmética

3. A ARTE DE COIDAR(TE)

A arte de coidar(te) é un curso formativo enmarcado no proxecto “Roteiros para a incorporación social” de persoas con trastorno mental.

A formación estará centrada na persoa dende unha perspectiva reflexiva e capacitadora para ofrecer un espazo máis librenovas oportunidades e potenciar a autonomía favorecendo hábitos sociais onde reine a educación en valores, a creación do propio criterio, a procura de fontes de información.

O obxectivo é que as persoas participantes coñecerán, reflexionarán e analizarán unha aproximación educativa con perspectiva social, ecoloxista e de xénero que ofrece ferramentas para o autocoñecemento e o botrato a nivel persoal, relacional e social a través de diferentes actividades:

A arte de relacionarte contigo


Autoconocimiento e autopercepción con formación e apoio na xestión emocional, técnicas de relaxación e autocoñecemento.

Miradas ao coñecemento


Un lugar onde falar e reflexionar do espazo do afora e do adentro mergullándonos no pasado e na actualidade dende unha ollada local, internacionalista e diversa. Profundizaremos na Igualdade social a través da Ioita polos e Dereitos Civís, para mellorar os coñecementos sobre cultura xeral para a vida persoal e tomar un papel máis consciente na nosa vida e sociedade.

Bos tratos, bos ratos

Neste apartado falaremos da dimensión personal, relacional e social do bo trato e os proxectos de amor ou afectivos dende unha perspectiva de Saúde Mental, entre elas:

  • As dimensións do Maltrato e o Botrato como alternativa ao maltrato.
  • Abordaxe dos conflitos, diálogo e relacións de paz.


Violencia nas redes sociais

Formación dixital para a prevención de conductas de risco no uso das redes sociais xerando un criterio propio coa procura de fontes de información fiables:

  • Fake News (Que son e como detectalas)
  • Prevención de Estafas
  • Adiccións: Drogas, tecnoloxía e a xogo
  • Ciberacoso e Cibersexo
  • Bitcoins


Intelixencia colectiva

Obradoiro práctico de informática e creación colectiva dun Fanzine (revista feita e autoeditada por persoas participantes sobre temática común ou variada) a través do apoio e do material creado co aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas entre elas o Comic e a Escritura Creativa.

Creatividade e desafogo

Un espazo de aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas coma canle de expresión personal e comunitaria para a creación de alternativas solidarias e autoxestionadas, para transformar e colectivizar sentires arraigados en nós.

  • Teatro
  • Arte téxtil
  • Danza e movemento
  • Fotografía
  • Pintura
  • Música e improvisación
  • Radio

Pegada a pegada

  • Reducir, Reutilizar e Reciclar
  • Conciencia ambiental
  • Recollida de Lixo e creación de esculturas (EXPOSICIÓN: Sensibilización sobre o consumo de plásticos)
  • Saídas e charlas