O proxecto “Naturalmente” promove a integración e desenvolvemento de persoas con trastorno mental na sociedade aportando as habilidades necesarias para poder levar a cabo unha vida mais autónoma. Tamén se contempla a esfera medioambiental a través de actividades relacionadas co medio, como a xestión de hortas e a posta en marcha dun invernadoiro para o cal solicitamos financiación.

foto crowd

O proxecto Naturalmente nace na Asociación Xaruma en 2010. A finales do año 2013 decidimos ampliar o proxecto e comezar a traballar no ámbito do medioambiente e da integración a favor da inserción sociolaboral, a animación sociocultural e a educación medioambiental.

Este proxecto pretende atender as necesidades dos/das usuarios/as, promovendo a integración e o desenvolvemento das persoas con trastorno mental na sociedade, aportando as necesidades básicas para poder levar a cabo unha vida mais autónoma de cara o seu desenvolvemento na comunidade e tamén como respiro para as súas familias.

O obxectivo xeral eé potenciar a autonomía e favorecer hábitos prelaborales para a integración na comunidade de persoas con discapacidade a través de actividades medioambientales de interés social, promovendo o mesmo tempo a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que favoreza o encontro social e a promoción da saúde.

Semanalmente o redor de 30 persoas con trastornos mentais visitan e traballan a nosa horta, obtendo grandes resultados na súa autonomía, aumentando as súas habilidades sociais e o grupo de amigos que derivan nunha mellora dos seus hábitos de vida.

Comezamos apostando polo aproveitamento de espazos creando unha horta, pero por causa da climatoloxía da zona vemonos na necesidade de habilitar outro espazo cuberto donde poder levar a cabo as actividades de natureza nun ambiente cálido, cómodo e óptimo. Conseguimos un invernadoiro de segunda man, pero precisamos o plástico para cubrilo e cambiar pezas que se encontran en mal estado, por iso precisamos esta financiación. Para todas aquelas contribucións realizadas polos aportantes, en agradecemento, se lles otorgarán unha serie de recompensas en función do presuposto que cada persoa realice, ditas recompensas aparecen detalladas dentro do apartado de contribucións. Para entregar as recompensas pondremonos en contacto coas persoas aportantes e se lles explicará de que forma poderán recoller cada unha de elas.

Neste momento o proxecto está parado hasta que consigamos o material necesario para leválo a cabo. No momento que teñámos todo o necesario comezaremos por preparar a zona donde irá instalada a estrutura e comenzaremos co montaxe de dito invernadoiro, no que os vountarios serán moi importantes para a súa montaxe.Esperamos poñer o proxecto en marcha ao largo do 2018 e aportar os detalles simbólicos tamén ao largo deste ano.

Axudádesnos a conseguilo??

#Colabora #Difunde #Crowdxaruma

https://crowdfunding.huertoseducativos.org/naturalmente:-integracion-en-el-medioambiente./591