¿Xa sabes coser e gustaríache aprender a facer nunha tarde pezas que complementen o teu taller caseiro de costura?. Neste obradoiro faremos unha funda para a túa máquina de coser (acolchada, con peto e remate de bies) e unha pequena táboa para pasar o ferro moi cómoda para os teus proxectos.
DIRIXIDO A: maiores de 18 anos.
DURACIÓN E HORARIO: 3´5 horas. Venres 25 de marzo de 17.00 – 20.30 hs.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: Contamos con materiais de costura básicos no taller e terás que traer teas ao teu gusto e unha táboa de madeira para o proxecto.
APORTACIÓN:
- Persoas socias, grupo costura e voluntariado activo da entidade: 30 €*.
- Persoas non socias: 35 €*. Asóciate!
IMPARTIDO por Alba Gómez artesá téxtil titulada pola EMAO de Vigo e con rexistro de obradoiro de Artesanía de Galicia.
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade.
Para inscribirte, enche o seguinte formulario. En 5 días hábiles recibirás a confirmación da praza.
* Non se devolverán os cartos, excepto que o curso o final non se realice ou a praza sexa cuberta.