Elaborar xabóns e produtos de cosmética naturais é unha boa maneira de coidar a nosa pel, Neste obradoiro aprenderemos as técnicas de elaboración dunha maneira moi sinxela:
• Elaboración de xabón de caléndula: proceso en frío
• Elaboración de xabón de romeu: proceso en quente
• Elaboración dun bálsamo labial
DURACIÓN DO CURSO: 4 horas
HORARIO: sábado 17 de xullo do 2021 de 10:00 ás 14:00 horas.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: os materiais do curso están incluídos.
APORTACIÓN: persoas socias 20€ e tarifa ordinaria 23€.
Medidas de prevención
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será empregado polas mesmas persoas.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrucción a seguir: