A través do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra, promovemos este obradoiro beneficioso tanto para o corpo como para a mente.

Persoas destinatarias, por orde de prioridade:

1. Mulleres socias de Xaruma

2. Mulleres non socias de Xaruma.

3. Homes

O obradoiro terá lugar todos os mércores e venres de 18:30 a 20:00. Comezaremos o 7 de setembro e remataremos o 30 de novembro, facendo un total de 30 horas.

A aportación total será de 6€, sendo subvencionada unha parte pola Deputación de Pontevedra.

Para inscribirte, simplemente enche o formulario que verás máis abaixo con todos os datos correctos. No prazo de tres días recibirás un correo electrónico coa resposta e os seguintes pasos.

Prazo de inscrición: ata o 5 de septembro.