En colaboración coa Deputación de Pontevedra e grazas ao Programa +Xuntas, ten como finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade e as súas condicións de vida, promover o apoderamento e a súa autonomía individual, e crear redes de apoio para impulsar a participación activa, a sororidade e a xeración de vínculos entre as participantes, así como para fomentar as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias ao compartir vivencias e romper co illamento. Por todo isto, lanzamos un obradoiro de risoterapia.
As participantes que asistan ao obradoiro de “Risoterapia“, alcanzarán:
– Mellorar o estado anímico e físico a través da risa: aprender a rirse dunha mesma e coas demais persoas.
– Desenvolver a liberdade de expresión das nosas emocións e sentimentos.
– Fomentar o entusiasmo e a actitude positiva, mellorar a autoestima e a vitalidade.
– Impulsar o bo humor e crear novas relacións con persoas afíns.
– Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
DATAS DO OBRADOIRO:
Todos os luns do 5 de outubro ata o 28 de decembro agás o 12 de outubro por ser festivo.
A maiores, dentro da programación dos luns, impartirase un módulo de 5 horas de duración de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
CUSTO DO CURSO: 7€
Se estás interesada e queres apuntarte, tes que encher o formulario que hai máis abaixo cos datos completos NOME, DNI e TELÉFONO.
Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observaciones todos os datos persoais do resto de persoas (nome completo, DNI e teléfono). A persoa que faga a inscrición funcionará como persoa de contacto.


















