Outro ano máis, a través do programa “Conectadas” da Deputación de Pontevedra, promovemos este obradoiro beneficioso tanto para o corpo como para a mente.
Persoas destinatarias, por orde de prioridade:
1. Mulleres socias de Xaruma
2. Mulleres non socias de Xaruma.
3. Homes
O obradoiro terá lugar todos os martes e xoves de 17:30 a 20:00. Comezaremos o 28 de setembro e remataremos o 16 de novembro, facendo un total de 35 horas.
A aportación total será de 6€, sendo subvencionada unha parte pola Deputación de Pontevedra.
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que verás máis abaixo con todos os datos correctos. No prazo de tres días recibirás un correo electrónico coa resposta e os seguintes pasos.
Prazo de inscrición: ata o 26 de septembro.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.