Tras a reunión do pasado mes, na que se expuña que moitas asociacións culturais non estaban facendo actividades para as familiares, decidimos facer a nosa propia proposta, cumprindo con toda a normativa de prevención.
O 3 de novembro comezaremos o obradoiro de memoria destinado a persoas maiores de 55 anos, preferentemente, familiares das persoas participantes en Xaruma (nais, pais, irmáns, irmás, … dos/as chicos/as).
Será todos os martes e xoves, de 17 a 19 horas. Terá lugar en Xaruma, aínda que nunha aula diferenciada da que usan as persoas participantes.
O grupo máximo será de 10 persoas. Será gratuíto para as persoas familiares e, para as persoas alleas á entidade, terá un custe de 6€/mes.
O obradoiro será ameno, adestrando a memoria e, en xeral, a estimulación cognitiva, mediante actividades divertidas e que se escapen da rutina.
Formas de inscrición:
Chamando ao 698 142 158, de luns a venres de 11 a 14 e de 16 a 17.30h.
Mandando un correo electrónico a xarumaorg@gmail.com
O primeiro día solicitarase a copia do DNI.