En colaboración coa Deputación de Pontevedra e grazas ao Programa Conectadas, que ten como finalidade potenciar a participación e a promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade, impulsando accións formativas e incorporando de maneira transversal os principios de igualdade, corresponsabilidade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar, lanzamos (de balde) un obradoiro de ioga.
As participantes que asistan ao obradoiro de “Teu momento. Coidado e benestar: ioga“, alcanzarán:
– Mellorar a forma física a través de sinxelos exercicios de estiramentos, meditación e respiración.
– Realizar unha correcta coordinación motriz e adquirir destrezas en movementos básicos de ioga.
– Coñecer e seguir os pasos básicos para crear coreografías.
– Fomentar condutas sociointegradoras nas participantes.
– Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
DATAS DO OBRADOIRO:
SETEMBRO:
- Días: 1, 8, 15, 22 e 29 Horario: 17:30 ás 19:30h
OUTUBRO:
- Días: 6, 13, 20 e 27 Horario: 17:30 ás 19:30h
NOVEMBRO:
- Días: 3 e 10 Horario: 17:30 ás 19:30h
- Días: 17 e 24 Horario: 17:30 ás 19:00h
DECEMBRO
- Días: 1 e 15 Horario: 17:30 ás 19:00
- Día: 22 Horario: 17:30 ás 19:30h
A maiores, impartirase un módulo de 5 horas de duración de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, que se realizarán en dúas sesións dentro do horario establecido (os luns 16 e 30 de outubro).
Este obradoiro gratuíto está pensado principalmente para mulleres maiores de idade ou, de maneira excepcional, ter 16 anos feitos.
Para apuntarte, tes que encher o formulario que hai máis abaixo cos datos completos NOME, DNI e TELÉFONO.
Se vos queredes anotar máis persoas xuntas, indicade en observaciones todos os datos persoais do resto de persoas (nome completo, DNI e teléfono). A persoa que faga a inscrición funcionará como persoa de contacto.