Aproveitando que as plantas aromáticas están no seu máximo esplendor, ofertamos un obradoiro de como destilar as plantas para conseguir hidrolatos. Os hidrolatos pódense empregar como tónicos, hidratantes para a pel, elaborar colonias, preparar esencias antipulgas para as nosas mascotas e moitas aplicacións máis.
Neste obradoiro…
- Coñeceremos as plantas aromáticas e medicinais máis comúns para elaborar hidrolatos.
- Explicaremos que son os aceites esenciais, os hidrolatos e as diferenzas que hai entre eles.
- Aprenderemos a destilar en alambique de cobre.
- Usos dos hidrolatos.
DURACIÓN DO OBRADOIRO: 4 horas.
HORARIO: sábado 18 de setembro do 2021 de 10:00 ás 14:00 horas.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: os materiais do obradoiro están incluídos.
APORTACIÓN: persoas socias 15€ e tarifa ordinaria 18€.
Medidas de prevención
Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:
Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.
O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será empregado polas mesmas persoas.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrución a seguir: