Aproveitando que as plantas aromáticas están no seu máximo esplendor, plantexamos facer un obradoiro de como destilar as plantas para conseguir hidrolatos. Podémolos empregar como tónicos, hidratantes para a pel, elaborar colonias, preparar esencias antipulgas para as nosas mascotas, e moitas máis aplicacións.
Trátase dun taller en forma de obradoiro onde:
- Coñecer as plantas aromáticas e medicinais máis comúns para elaborar hidrolatos.
- Explicaremos que son os aceites esenciais e os hidrolatos, diferenzas entre eles.
- Aprenderemos a destilar en alambique de cobre.
- Usos dos hidrolatos.
Data: 7 de setembro
Horario: 10 a 13:30 h.
Lugar: Vigo (barrio de Teis). Dispoñemos de aparcamento e parada de Vitrasa na entrada.
Aportación: 15€ persoas socias, 18€ persoas non socias. Asóciate!
Inscríbete enchendo o formulario: