O ano pasado comezamos con pequenos obradoiros adicados á cosmética natural e biolóxica, sendo un éxito! Non podíamos deixar de facelo, polo que voltamos cunha nova edición e con moitas cousas novas que ensinarvos!
Aprenderás a facer:
– Aceite aftersun
– Dous perfumes sólidos (un con aroma oriental e outro de aroma libre, escolles ti 🙂 )
– Auga aromática de lavanda (perfecta para vaporizar na almofada, pois axuda a descansar mellor).
– Auga aromática de limón, para eliminar malos olores como o do tabaco.
– Aceites de masaxe para dores musculares e tonificante.
– Ungüentos para contusiones.
Para inscribirte, simplemente enche o formulario que atoparás máis abaixo e espera a nosa resposta.
Esperámoste! O mellor deste obradoiro é que todas as plantas, collerémolas directamente da nosa horta.
Deixa unha resposta
Tes que iniciar sesión para publicar comentarios.