Neste curso aprenderemos a cociñar e a conservar alimentos tanto doces como salgados, recuperando o método de elaboración natural e artesanal sen a utilización de aditivos químicos e, ademais, incorporaremos como elaborar verduras fermentadas, unhas boas aliadas para fortalecer o noso sistema inmunitario.
Elaboración de:
• Ketchup caseiro
• Marmelada de froita de tempada
• Chucrut/verduras fermentadas
DURACIÓN DO OBRADOIRO: 3 horas.
HORARIO: sábado 17 de decembro do 2022 de 16:00 ás 19:00 horas.
LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.
MATERIAIS: os materiais do obradoiro están incluídos.
APORTACIÓN: persoas socias 15€ e tarifa ordinaria 18€.
Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrución a seguir: