Neste curso aprenderemos a cociñar e a conservar alimentos tanto doces como salgados, recuperando o método de elaboración natural e artesanal sen a utilización de aditivos químicos e, ademais, incorporaremos como elaborar verduras fermentadas, unhas boas aliadas para fortalecer o noso sistema inmunitario.

Elaboración de:

•        Ketchup caseiro

•        Marmelada de froita de tempada

•        Chucrut/verduras fermentadas

DURACIÓN DO CURSO: 4 horas.

HORARIO: sábado 27 de novembro do 2021 de 10:00 ás 14:00 horas.

LUGAR: Centro Gárate. Sanjurjo Badía 79, Vigo.

MATERIAIS: os materiais do curso están incluídos.

APORTACIÓN: persoas socias 15€ e tarifa ordinaria 18€.

Medidas de prevención

Xaruma conta coas medidas de prevención da COVID-19 necesarias para realizar esta actividade, destacando:

Limpeza e desinfección diaria e frecuente das instalacións.

O material estático utilizado desinfectarase tras cada uso (cadeiras, mesas…) e será empregado polas mesmas persoas.


Para inscribirte só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación e nos vindeiros días recibirás unha mensaxe de confirmación e as instrución a seguir: